A Mariña, 1 de outubro, 2026. A CIG-Saúde leva anos alertando de que as listas de espera que publica o SERGAS non se corresponden coa espera real que trasladan os propios pacientes. Segundo o sindicato, a información oficial dista “moito” da experiencia das persoas que agardan por unha intervención ou unha proba diagnóstica.
Así mesmo, a organización sindical denuncia o incremento das derivacións de pacientes da Mariña cara a centros sanitarios privados fóra da comarca, tanto para intervencións cirúrxicas como para probas diagnósticas. A CIG-Saúde considera que desde as direccións dependentes da Consellería de Sanidade se está a normalizar o envío de doentes a hospitais como Polusa e Virxe dos Ollos Grandes, en Lugo, ou ao Ribera Juan Cardona, en Ferrol.
Especialmente grave, sinalan, é a derivación de pacientes para a realización de probas endoscópicas en centros privados alleos á comarca. A CIG-Saúde recolleu testemuños de persoas que tiveron que deter o coche na beiravía “porque literalmente non podían aguantar máis”.
O sindicato atribúe as longas listas de espera ás políticas de recortes do Goberno galego, que —afirma— deterioran o sistema sanitario público e favorecen os intereses da sanidade privada.
A CIG-Saúde critica tamén que a Xunta se escude agora na folga de médicos para xustificar o incremento das listas de espera, derivando responsabilidades cara ao Goberno do Estado, cando —lembra— as competencias en materia sanitaria e, polo tanto, a xestión das listas de espera, son exclusivas da Consellería de Sanidade.
Finalmente, a organización insta ao Goberno galego a apostar decididamente pola sanidade pública, incrementando non só os metros cadrados das infraestruturas, senón tamén os servizos e o número de profesionais de todas as categorías, se realmente existe vontade de rematar coas listas de agarda.





















Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.


