O popular alerta de que a Deputación só destina o 6,45% do orzamento á conservación, mentres permanecen pendentes residencias, polígonos industriais e investimentos en dixitalización
Lugo, 1 de outubro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular cualifican de “moi preocupante” a realidade que amosa a Conta Xeral de 2025, aprobada en solitario por PSOE e BNG, uns datos que poñen de manifesto “unha Deputación cun baixísimo grao de execución, con importantes compromisos pendentes e cunha evidente falta de atención ás necesidades reais dos concellos e dos veciños da provincia”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que o orzamento inicial da Deputación para 2025, de 126M€, incrementouse mediante diferentes modificacións ata alcanzar os 218,96M€, segundo os datos recollidos na propia Conta Xeral. Esta información tamén indicaba que as obrigas recoñecidas ascenderon a 133M€ e a execución real situouse en 125,69€, o que supón “apenas un 57% do orzamento”.
Antonio Ameijide sinala que “non estamos a facer unha valoración política, senón que estamos desvelando os propios datos da Conta Xeral e do informe de liquidación da Deputación, os mesmos que presentaron e aprobaron PSOE e BNG”.
NON PRIORIZAN O MANTEMENTO
Ameijide pon o foco nunha das cuestións máis evidentes da Conta Xeral: o mínimo peso que ten a conservación e o mantemento para PSOE e BNG.
A conservación representa só o 6,45% do orzamento, “unha porcentaxe moi pequena que axuda a explicar a situación na que se atopan numerosos servizos e infraestruturas provinciais, como poden ser a rede de estradas ou as zonas verdes”.
Para o voceiro popular, “estes datos permiten comprobar o resultado de dúas décadas de gobernos do PSOE e do BNG na Deputación, tempo no que foron incapaces de manter en condicións o que herdaron”.
MENOS RUTAS FLUVIAIS E MENOS EMBARCACIÓNS
Antonio Ameijide tamén pon o foco sobre os datos relacionados co turismo fluvial, especialmente na caída da recadación das rutas turísticas fluviais.
O popular lembra que estas rutas “foron unha iniciativa pioneira impulsada por un goberno do Partido Popular” e lamentou que “PSOE e BNG nin sequera quixeron manter o mesmo nivel de servizo”.
Neste sentido, puxo como exemplo a ruta que percorría Quiroga e Ribas de Sil e que tamén hai menos embarcacións dispoñibles. “Algunhas foron retiradas porque literalmente se afundiron”, recordou.
SUBVENCIÓNS QUE NON SE EXECUTAN
No ámbito da promoción do deporte, os datos recollen que, en concorrencia competitiva, se executaron 82 das 235 previstas, o que representa un 35% do total. No caso das subvencións nominativas, executáronse 29 de 55, un 53%, mentres que nas excepcionais foron 9 de 16, o 56%.
“Os datos corroboran o que levamos tempo denunciando: que as subvencións se están planificando de forma inadecuada e que, finalmente, non cobren os obxectivos nin as expectativas previstas, chegando en moitas ocasións a producirse renuncias”, explicou.
A situación é aínda máis significativa no ámbito da gandería e da pesca. En concorrencia competitiva, a Deputación executou só 14 das 72 subvencións previstas, o que representa un 19%, mentres que nos convenios interadministrativos executou 2 dos 19, apenas un 10,5%.
COMPROMISOS PENDENTES
Antonio Ameijide tamén destacou os numerosos compromisos pendentes, entre os que aparecen actuacións que “levan anos demorándose sen unha resposta efectiva por parte do goberno provincial”.
Entre eles figuran as residencias de maiores de Becerreá, Guitiriz, A Pontenova, A Pobra do Brollón, Portomarín, Cervantes, Ourol ou Pantón.
En materia industrial seguen agardando os compromisos pendentes cos polígonos industriais da Fonsagrada, Baralla ou Pantón, este último nin sequera aparece recollido entre os compromisos da documentación.
Na documentación da Conta Xeral tamén se pode comprobar que hai indicadores que amosan ás claras “cales son as prioridades para PSOE e BNG”.
Ameijide destacou por exemplo o Museo do Mar, que “precisa dunha ampliación, pero que só representa o 0,15%”.
Tamén é insuficiente o peso das actuacións no ciclo da auga ou a colaboración cos concellos: o alcantarillado representa un 0,44% e o abastecemento un 0,70%. O alumeado queda nun 0,22%, os centros de interpretación nun 0,14% e a promoción e reinserción social nun 0,02%.
MÁIS DE 15 MILLÓNS DE EUROS EN CONVENIOS
Fronte a estas porcentaxes, o popular destaca o investimento en convenios con concellos afíns.
O goberno de PSOE e BNG destina máis de 15M€ cada ano a convenios. “O contraste entre estas cifras e o peso que teñen cuestións básicas como o mantemento, as estradas, o ciclo da auga, a xuventude, a cultura ou a promoción social resulta significativo”, afirmou.
Os deputados do Grupo Provincial Popular consideran que a Conta Xeral de 2025 “é o retrato dunha Deputación con importantes dificultades para executar os seus propios orzamentos, que non atenden adecuadamente o mantemento das infraestruturas e que acumula compromisos pendentes en ámbitos fundamentais para o desenvolvemento económico e social da provincia”.




















Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.



