Nota de prensa
Os laranxas gañan (7-2) nun partido intenso e vibrante ante Andorra
Empezou ben o Burela FS con gol de Minu, no minuto 5, e pouco cabía presaxiar a pelexa que se desatou no remate do primeiro tempo logo do segundo do andaluz (2-0. Minuto 10). Pero os partidos de fútbol sala (e máis cando se xogan en Vista Alegre) teñen iso, que cando menos o esperas vólvense emocionantes e saltan chispas na pista, e fóra dela.
Ía o partido por sendas calmas cando o equipo rival lembrou que sen intensidade non ía sacar un triste puntiño do feudo burelao e empezou a repartir, coa intervención caótica dos árbitros e o conseguinte cabreo de Suso Rey, que case come a un deles cando encaraban xa a caseta. O gol de Aramburu (2-1. Minuto 17) intranquilizara os locais e de paso dáballes alas aos de Andorra.
Coa segunda parte seguiu a intensidade visitante, que tivo resposta inmediata grazas en parte ao esperanzador debut das novas incorporacións: Clebinho e Ique. Os brasileiros deixaron evidencias de que lles falta tempo para integrarse plenamente do conxunto, pero fixeron un grande encontro. O peche marcou un gol brillante no minuto 23 e Ique loitou con insistencia coa defensa rival e tivo un bo balance defensivo.
Pero se houbo un xogador que estivo estratosférico esta tarde foi Christian. Anotou un tanto importantísimo de falta directa, cando o partido transitaba pola corda frouxa e había certa incerteza na bancada (4-2. Minuto 28), e volveu marcar os tantos decisivos nos minutos finais (6-2 e 7-2, no minuto 34), co Andorra asediando a meta laranxa con porteiro-xogador. Antes, fixo Esteller a cabalgada do século pola banda e empalmou un remate espectacular que aínda está a buscar o meta visitante.
Gran triunfo do CD Burela FS ante un rival directo, que podía complicarlle a vida de xeito preocupante e non obstante saíu de Vista Alegre goleado. Así é o fútbol sala e máis cando se xoga na bomboneira.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
