Nota de prensa:
O PSOE pretendía impoñer unha urxencia inxustificada ao trámite de exposición pública da proposta de ampliación e porcentaxes mínimas que non están reflectidas na Directiva Habitat da UE
OS SOCIALISTAS REXEITAN UNHA PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA AMPLIAR A REDE NATURA 2000 CUMPRINDO OS CRITERIOS DA COMISIÓN EUROPEA
* Emma Álvarez salientou que o Bipartito non dou paso algún para levar adiante a ampliación que agora solicita o PSdeG, e só existiu “un plano que nunca pasou dunha declaración de intencións”
Santiago, 17 de febreiro de 2011.- O Grupo Parlamentario dos socialistas rexeitou hoxe, na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento, unha proposta do Grupo Popular para ampliar a Rede Natura 2000 cumprindo os criterios da Comisión Europea. O PSOE pretendía impoñer unha urxencia inxustificada ao trámite de exposición pública da proposta de ampliación e porcentaxes mínimas que non están reflectidas na Directiva Habitat da UE.
Fronte a esta iniciativa socialista, a deputada popular Emma Álvarez Chao presentou unha emenda “realista, contextualizada no territorio, equilibrada e susceptible de ser aprobada, xa que está baseada nos criterios de integración da Comisión Europea”.
Así, a emenda propoñía axilizar ao máximo os prazos para iniciar o trámite de exposición pública da proposta de ampliación de Rede Natura 2000 e ampliar a dita Rede en Galicia dacordo cos criterios de protección establecidos e as insuficiencias sinaladas no Anexo 2 das Decisións 2004/813/CE e 2006/613/CE da comisión da Unión Europea e que fan referencia preferentemente á representación dalgúns tipos de hábitats e especies.
O BIPARTITO NON DOU PASO ALGÚN PARA A AMPLIACIÓN
Na súa intervención na Comisión, Álvarez Chao afirmou non entender a premura e o prazo esixido polos socialistas para iniciar o trámite de exposición pública da proposta de ampliación, que fixaban neste mesmo mes. Nese sentido, a deputada popular lembrou que a iniciativa defendida por Carmen Gallego foi rexistrada en setembro do pasado ano, “pedindo que se inicie durante ese mes o trámite”, malia o que “tivo que pasar medio ano para que a trouxera a comisión”.
Doutra banda, Emma Álvarez salientou que o Bipartito non dou paso algún para levar adiante a ampliación que agora solicita o PSdeG, e só existiu “un plano que nunca pasou dunha declaración de intencións”. Por iso, engadiu, “non están vostedes en condicións de esixir prazos”.
Así mesmo, lamentou que os socialistas, ao esixir unha porcentaxe mínima de ampliación voltara “ao debate caduco das porcentaxes” e lembrou que estas non aparecen reflectidas na Directiva Habitat “nin ten sido empregada pola Comisión para avaliar a idoneidade das propostas de LIC e ZEPA que conforman a rede”. Así, o enfoque porcentual “segue a ser un bride ao sol de igual xeito que o foi a súa política neste sentido ao longo da lexislatura que gobernaron”. Ademais, resaltou que “en ningún caso a Comisión Europea fixou unha superficie de Rede Natura para cada Estado Membro e menos aínda para as comunidades autónomas”.


















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



