![]()
Nota de prensa
XORNADA DAS CATEGORÍAS DE BASE
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS-Azkar Lugo FS
Sábado 26 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-Hércules FS (1ª xornada aprazada)
Sábado 26 de febreiro, ás 20.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
O Parrulo FS-ED EON Burela FS
Domingo 27 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón da Malata de Ferrol
Deporte Escolar
ED EON Burela FS Infantil A-ACD Xove Infantil
Sábado 26 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
A Mariña FS Infantil-ED EON Burela FS Infantil B
Sábado 26 de febreiro,ás 11.00 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro
ED Valadouro Alevín-ED EON Burela FS Infantil Feminino
Sábado 26 de febreiro, ás 10.15 horas, no pavillón municipal de Ferreira do Valadouro
ED EON Burela FS Alevín B-ACD Xove Alevín
Sábado 26 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Benxamín A-CFS Cidade de Viveiro Benxamín
Sábado 26 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
EDM Mondoñedo Benxamín-ED EON Burela FS Benxamín B
Sábado 26 de febreiro, ás 11.45 horas, no pavillón municipal de Mondoñedo
Praia de Covas Benxamín A-ED EON Burela FS Benxamín C
Sábado 26 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro
Liga Prebenxamín da Mariña
Club del Mar FS-ED EON Burela FS A (9ª xornada aprazada)
Sábado 26 de febreiro, ás 12.45 horas, no pavillon do CEIP Antonio Pedrosa de Celeiro





















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
