Había algún tempo que non íamos por A Pontenova, acabamos de facelo e a visita, curta pero intensa, resultounos moi grata pois, á súa ben sabida beleza natural, engade a atención dun exquisito coidado e pulcritude que se reflicte en toda a área urbana, á que da vida e movemento o cauce do río que a cruza. Decorando a paisaxe, propociona ó ambiente a suave musicalidade do murmurio das augas, que brota do discurrir fluvial, cuxas marxes ofrecen unha visión impecable en orde á limpeza e á conservación das mesmas, que magnifican o seu encanto natural. As xentes da vila, de secular tradición mineira, senten grande respecto pola súa historia, por iso conservan, con natural orgullo, o símbolo da súa tradición: os fornos de calcinación que se erguen no corazón da vila, e por iso tamén, ó chegar á oficina de turismo, coidadosamente instalada, o primeiro que se olla é unha singular publicación, editada polo concello, “As minas de Vilaodriz. A Chocolateira, un ferrocarril mineiro”, que conta a interesante e mesmo romántica historia daquel tren – foi tamén de viaxeiros- que dende Vilaodriz transportaba o mineral ata o porto de Ribadeo, para embarcalo cara a Francia, Bélxica, Alemaña ou Inglaterra. Eran tempos- hai cen anos – nos que as minas ocupaban a 200 homes e o tren, cos talleres e outros servizos, arredor de 50. A exportación polo porto ribadense chegou a acadar as 200 mil Tm./ano. A atractiva e curiosa publicación ilústrase con mais de trinta vellas fotografías, entre elas a do que foi impulsor da Sociedade Mineira: o vasco don Julio de Lazúrtegui.
Polo mediado do mes, esta vila, no mais oriental da Mariña, vai ser epicentro e punto de partida dunhas xornadas arredor do Camino Norte de Santiago, nun loable intento de coordinación entre as localidades mariñáns polas que transcorre a ruta, e as distintas alternativas que se emplearon a través dos tempos, posibilidades que non fan senon incrementar o interese da mesma, en orde á maior variedade, dende a perspectiva paisaxística, cultural, humana e gastronómica. Volveremos á Pontenova.
Suso Fernández





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



