RIBADEO .- A xunta de voceiros do Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade esta mañá as obras que se realizarán na vila con cargo aos fondos estatais de inversión que destinan a este municipio 1.717.000 euros. Ditas obras foron ratificadas despois pola xunta de goberno. O alcalde, Fernando Suárez, lembra que “xa todos os voceiros pactamos no seu momento dividir a metade desa cantidade entre a vila e as parroquias. Para ir gañando tempo, dado que estes proxectos hainos que mandar canto antes para que sexan avaliados polo ministerio que ten que dar a súa conformidade, decidimos xa darlle para adiante a unha primeira remesa de proxectos que lle afectan ao ámbito urbano e nos vindeiros días faremos o propio co medio rural”. O rexedor engade que “unha vez elaboradas as memorias e os proxectos vemos que entraron moitos dos que os voceiros propuxeron, pero non todos como nos gustaría porque as cantidades económicas moitas veces elevanse ata un punto que fai inviable meter todos os proxectos. Con todo eu creo que se vai dar un impulso ao ámbito urbano sobre todo na rehabilitación e modernización de espazos que estaban moi degradados”.
Listado de obras
As obras propostas son: a construción da rede de abastecemento de auga potable ao parque empresarial “que era a parte que quedaba por facer ao Concello”, segundo explica Fernando Suárez. A adecuación, mellora e rehabilitación de espazos públicos no entorno dos colexios e centros de ensino “tanto na Avenida de Luarca á que boa falla de facía coma na rúa Traseira e Julio Lazúrtegui onde se realizará unha mellora importante que irá engadida ao que se fará en breve en Carlos III”. Acometeranse obras en rúas e espazos urbanos como a adecuación, mellora e rehabilitación da rúa Camilo Barcia “que está situada entre Calvo-Sotelo e Rosalía de Castro e que se atopa moi deteriorada”, realizaranse obras nunha travesía moi pequeniña situada entre San Lázaro e Pintor Fierros e melloras no entorno da zona de Alza, Recarey e Irmáns Moreno Ulloa así coma na explanada da Praza de Abastos “tanto na zona norte coma na zona sur”. Dentro dese fondo estatal de inversións o Concello de Ribadeo prevé realizar actuacións no ámbito da xestión dos residuos sólidos urbanos “creando unha serie de isletas con cubrecontenedores que disimulen o impacto visual porque os que hai afean o entorno. Non chegarán para toda a vila, pero si para as zonas máis transitadas e máis importantes”, segue a contar o alcalde ribadense. E tamén está prevista unha partida para a rehabilitación do Auditorio Municipal Hernán Naval que ten serios problemas de humidades.
Creación de postos de traballo
En total estas obras suporán un custe de 832.000 euros. Fernando Suárez di que “os técnicos estiman que se daría traballo a unhas 20 persoas por parte das empresas que executen estas obras no seu momento, que deberán estar adxudicadas e en funcionamento antes de abril de 2009”. O alcalde destaca que “estes proxectos recollen as propostas expostas por UPRI, PSOE, PP e BNG e quero subliñar a unanimidade entre os grupos de Ribadeo para ben dos intereses dos veciños do noso concello”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



