Nota de prensa
OS BRASILEIROS CLEBINHO E IQUE, NO PROXECTO BURELISTA 2011-12
Os brasileiros Cleber Rafael Barbosa, Clebinho, e Henrique Ribeiro, Ique, volverán a formar parte do proxecto burelista, en 2011-12, tras a formalización da súa renovación. Os canarinhos chegarán á comarca nos próximos días tras as vacacións para incorporarse á pretempada do conxunto laranxa, baixo as ordes de Quique García.
O peche Clebinho (São Paulo, 1983) e o pivote Ique (São Paulo, 1985), que cumprirán así o segundo ano no equipo laranxa, chegaron á Mariña no mercado de inverno procedentes do Concordia Chiajna Bucarest (2009-10). Barbosa xogou no Corinthians, São Jose, Aracariguama, Pirapora e Palmeiras, ademais de destacar no combinado internacional en categorías de base. No palmarés de Ribeiro salientan as vitorias no TV Alterosa e a Copa EPTV co Caldense (2004); tamén se alzou coa Copa e a Supercopa de Romanía co MGA-Bucarest (2005). En 2010-11, disputaron 15 partidos coa camiseta laranxa, asinando a autoría de 5 tantos cada un.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
