Nota de prensa
A Deputación reducirá a 25 días o prazo de pago ás empresas coa implantación da factura electrónica
– Será grazas ó programa “E-fácil” do Plan Avanza do Ministerio de Industria e Turismo, que está dotado con 312.000 euros e cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo
– Co fin de seguir avanzando na eadministración, o organismo provincial pon en marcha este servizo que se estenderá gratuitamente ós Concellos para que tamén poidan axilizar os seus pagos
– A boa xestión levada a ta cabo nos últimos 4 anos permitiu a de Lugo sexa unha das administracións galegas máis áxiles no proceso de pagos, sitúandose por diante da Xunta e de Deputacións como Pontevedra ou Ourense
– A factura electrónica aforraralles ás empresas os custes directos e indirectos do sistema tradicional, aumentará a eficacia e a rapidez na xestión administrativa e aportará unha maior seguridade ó diminuír as posibilidades de falsificación e extravío
A Xunta de Goberno deste venres aprobou o inicio da contración do programa “E-fácil” que permitirá a implantación da factura electrónica tanto na Deputación como nos Concellos da provincia que se sumen ó proxecto. Esta iniciativa, que permite seguir avanzando na implantación da administración electrónica iniciada co Innova-TE, conta cun investimento de 312.000 euros que serán cofinanciados nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do Plan Avanza “Despregamento de solución Avanza Local” do Ministerio de Industria e Turismo.
O novo sistema de xestión administrativo estará a pleno rendemento en 2012 e suporá claras vantaxas tanto para os empresarios como para o organismo provincial e as entidades locais. Deste xeito permitirálles aforrar cartos e tempo ás PEMES que teñan contratado un servizo coa Deputación e coas entidades locais, así como axilizar o procedemento administrativo, reducindo o prazo de pago ós proveedores. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que “nun momento económico como o actual unha das liñas estratéxicas para a recuperación da economía é pagar rápido e inxectar liquidez ás empresas. Por iso, solicitamos este Plan Avanza que nos permitirá seguir sendo unha das administracións galegas máis áxiles no pago de facturas”.
Para a súa posta en marcha, a Deputación proporcionaralles, de forma totalmente gratuíta, ás entidades locais e ós empresarios colaboradores a aplicación tecnolóxica necesaria para a tramitación das facturas vía Internet. Isto terá unha consecuencia directa na diminución do tempo de pago que, no caso da Deputación, reducirase en 10 días con respecto ó actual. É dicir, unha vez que entre en funcionamento este sistema, o tempo de pagamanteo da institución luguesa non superará os 25 días.
A boa xestión levada a cabo nos últimos catro anos permitiu que hoxe en día, a Deputación de Lugo se sitúe á cabeza das administracións que mentos tardan no proceso de pagamento, incluso por diante da Xunta, cuxo prazo de pago é de 39 días. Dende 2008 pasouse de pagar nun prazo de 88 días en outubro de 2008 -case 3 meses- a 33/35 días en 2011, anticipándose incluso ós prazos fixados pola Lei contra a morosidade de 2010 que obriga a que as administracións paquen ós proveedores en 50 días. Polo que respecta ás outras Deputacións, a de Pontevedra estáo a facer en 60 días -2 meses-, a de Ourense en 120 -4 meses-, e a de Coruña en 32 días..
Beneficios directos para as empresas
Pero ademais da redución de prazos, a factura electrónica inclúe outros beneficios que afectan directamente á economía das empresas:
PRIMEIRO: Coa súa implantación, a Deputación contribuirá a facer máis rendibles as PEMES aforrándolles os custes directos e indirectos que antes tiñan que asumir á hora de tramitar a factura tradicional, como adquisición de papel, impresión ou gastos de envío.
SEGUNDO: Amentará a eficacia, a rapidez e a transparencia da xestión administrativa da factura, xa que a súa presentación e consulta do proceso no que se atopa poderá facerse as 24 horas do día e os 365 días do ano.
TERCEIRO: Aporta maior seguridade na tramitación, xa que a probabilidade de falsificación é mínima e diminúe tanto a marxe de erro humano como a posibilidade da perda de información ou extravío de documentos.
Asignación das primeiras bolsas de emprego de innovación
Aprobouse a asignación definitiva dos 30 desempregados lucenses que atoparon traballo coas primeiras bolsas de emprego no sector da innovación que o organismo provincial puxo en marcha a través do primeiro Centro de Innovación Social de Galicia, o In Lugo, para crear novos postos de traballo neste campo e ofrecer un servizo, sen custe algún, a distintos colectivos sen ánimo de lucro que se sumaron á iniciativa. Deste xeito, os beneficiados prestarán o seu servizo durante seis meses nas seguintes entidade:
– No Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), 11 persoas con formación especializada neste sector son os encargados de identificar as necesidades tecnolóxicas e aplicar produtos innovadores que permitan facer máis competitivo o sector agroalimentario da provincia.
– Outros 15 bolseiros repártense nas Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO. A función dos novos traballadores inclúe a proporción de formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das súas entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.
– 4 licenciados en Administración e Dirección e Empresas foron asignados ás Universidade de Santiago de Compostela e da Coruña. Elaborarán unha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Así mesmo, contratáronse as obras da segunda fase da iluminación do paseo fluvial do río Cabe ó seu paso por Monforte por importe de 77.000 euros. Esta actuación inclúese dentro do canon e permitirá completar este proxecto no que xa se investiron outros 87.000 euros.
Trátase da única iniciativa que falta por executar do Plan de Obras deste municipio ó que lle corresponderon en total 233.097 euros. Neste senso, a Deputación xa rematou o acondicionamento de diversos accesos municipais que benefician ós veciños da zona de Raimundo Patiño e da de Lodeiro, así como ós usuarios da estrada de Currelos por Cinsa e da rúa Otero Pedrayo. Por outra banda, aprobouse a modificación do contrato para a adquisición de áridos do Parque Móbil. Esta modificación inclúe unha nova partida de 27.000 euros para seguir prestando colaboración ós Concellos da provincia no arranxo de vías municipais.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



