Nota de prensa:
A XUNTA MANTÉN O SEU IMPULSO Á EDUCACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO COA INCORPORACIÓN DE ONCE NOVOS CENTROS AO PROGRAMA ABALAR E CATRO Á REDE DE CENTROS PLURILINGÜES
A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe o CEIP Rosalía de Castro, na capital, que se incorpora ao programa Abalar no curso 2011-2012
A totalidade de colexios e institutos que se suman ao proceso de informatización das aulas este curso son de titularidade pública
Arias destacou a importancia do desenvolvemento destes programas, que buscan a excelencia educativa e redundan tanto no labor dos profesores coma no rendemento dos alumnos
Lugo , 8 de setembro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sostén a súa aposta pola mellora do ámbito educativo na provincia de Lugo mediante as novas incorporacións ao programa Abalar e á rede de centros plurilingües. En total, once novos centros gozarán da consideración Abalar no curso 2011-12, e catro máis pasarán a formar parte do proxecto de centros plurilingües.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, destacou hoxe durante a visita que levou a cabo ao CEIP Rosalía de Castro, o cal unirase ao programa Abalar este curso, “a importancia destas iniciativas no contexto actual. A formación en idiomas e o manexo das novas tecnoloxías non son xa un plus, senón que son algo básico e indispensable. A Xunta, consciente desta realidade, segue investindo no campo educativo en Lugo”.
Arias, que estivo acompañada polo xefe territorial de Educación, José Jesús Ramos Ledo, e pola responsable de Inspección da citada xefatura, Concepción Aramburu, fixo especial mención “ao apoio do executivo ao ensino público”, destacando que a totalidade de novas incorporacións ao programa Abalar corresponden a centros de titularidade pública.
A delegada declarou que isto “supón un paso máis no labor que a Xunta está a realizar para lograr a excelencia educativa na provincia de Lugo. Así mesmo, isto é reflexo do traballo constante pola educación pública, xa que a presenza deste tipo de centros na rede Abalar mesmo supera a porcentaxe xeral de alumnos que están escolarizados en centros públicos na provincia. Proba disto é que máis dun 86% dos beneficiarios desta iniciativa son colexios e institutos públicos”.
Raquel Arias quixo tamén “agradecer o traballo que están a realizar todos os profesores, porque sen o esforzo dos profesionais da ensinanza non sería posible garantir a calidade do ensino nuns momentos de serias dificultades económicas”.
Ata sete concellos da provincia de Lugo contarán este curso con representación no proxecto Abalar. Estes son o municipio da capital, con cinco centros, Navia de Suarna, Castroverde, Foz, Quiroga, A Fonsagrada e Viveiro, todos eles con un respectivamente. A oferta do programa complétase cos participantes adscritos durante o pasado curso escolar. En concreto, para este 2011-12, haberá un total de 59 colexios e institutos pertencentes a 26 concellos distintos, dos cales 51 son de titularidade pública e 8 corresponden a centros de ensinanza concertada. Arias afirmou que “a implantación deste programa ao longo da provincia responde a necesidade de integrar as novas tecnoloxías na escola, e redundará tanto no labor dos profesores como nos resultados dos alumnos de toda a provincia”.
No relativo á rede plurilingüe para este 2011-12, a provincia de Lugo contará con nove centros, dos cales catro incorpóranse este ano. Así, nos concellos de Lugo e Pontenova, Viveiro e Foz súmanse este ano novos centros nos que se impartirán materias noutros idiomas. Ademais, 42 centros de ensino da provincia dispoñen xa de seccións bilingües.
Proxecto Abalar e centros plurilingües
A consideración de centro plurilingüe enmarca a todos aqueles colexios e institutos nos que se imparte nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, de educación primaria e secundaria, ata un terzo do horario lectivo. Estas escolas tamén deben contar cun auxiliar de conversación propio, polo que a interacción entre esta figura, os alumnos e o profesor realízase na lingua estranxeira da que se trate.
Pola súa parte Abalar é o proxecto da Xunta de Galicia para a integración plena das novas tecnoloxías na práctica educativa. Esta iniciativa dota de equipamento aos distintos centros, de recursos educativos para ser utilizados polos profesores, así coma un espazo virtual que pode ser usado tanto polas familias para seguir a evolución dos seus fillos, como polos alumnos para facilitar o rendemento.

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



