Nota de prensa
O PSdeG PSOE de Foz dirixímonos ós medios de comunicación para agradecerlle á Diputación Provincial de Lugo todo o esforzo e adicación que puxo durante estes últimos catro anos no noso Concello e nos nosos veciños invertindo mais de un millon de €, queremos tamén públicamente pedirlle disculpas ante a vergoñenta actitud que o noso Alcalde está a ter nos últimos días con este ente nos medios de comunicación, chamandolle pequeñez a unha inversión de 35000€ que serían invertidos en deseñar o proxecto do futuro Centro de día do noso Concello,despreciando tal cantidade de cartos para tapar a incompetencía e a falta de traballo do PP a nivel local e Autonómico,é certo que quen ten todas as competencias nesta infractructura é a Xunta de Galicia,a Diputación o único que pretende con esta inversión é adiantar tempo e traballo, e aforrar unha cantidade de cartos á Xunta de Galicia e colaborar co noso Concello, estes cartos que vamos a perder os veciños e veciñas do noso Concello irán seguramente a parar a outro Concello que seguro que os recibe cos brazos abertos.
Entendemos tamén que esta actitude do Sr. Castiñeira é para defender os intereses da Xunta de Galicia,xa que dende que o proxecto estea realizado a Xunta tería que realizar dita obra e si non a fai o pobo de Foz lle pederia cuentas,desta forma intenta distraer a opinión publica cun acto mui grave, e mentras e tanto os nosos maiores seguen a esperar pola residencía e mais o centro de Día.
Por todo esto queremos agradecerlle públicamente á Diputación todo o esforzo e o diñeiro que invirteu nos nosos veciños estes últimos catro anos e a maiores pedirlle disculpas pola actitude do Alcalde de Foz, e dende o PSdeG PSOE de Foz l pedimoslle á Diputación e ó seu Presidente que siga colaborando co noso Concello igual que o fixo ata a fecha,xa que os veciños e veciñas de Foz non teñen culpa da falta de traballo, diálogo e voluntad do Sr Castiñeira e o seu equipo de Goberno.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



