DIA DOS NAMORADOS
Celébrase o vindeiro martes, 14 de febreiro, o Día dos Namorados, unha efeméride universal pola que se fomenta o intercambio de agasallos entre as persoas amadas. A orixe desta conmemoración é confuso, pero a versión mais extendida fala dun sacerdote nacido en Roma, alá polo século III. Alí gobernaba Claudio III, emperador romano que levou a cabo as mais crueis persecucións contra os cristiáns, e sostiña que éstes non deberían de casarse entre sí, ordeando que os que asi o fixesen fosen condenados a morte..
Por aqueles tempos, Valentín era bispo nunha diócese italiana, e conscente da inxustiza da prohibición, e de que o pobo debía de amar a Deus e unirse libremente, casaba ás parellas de forma secreta, agasallándoas cunha flor branca que significaba pureza e fidelidade.
Cando o descubriron foi detido e levado ante Claudio III, quen intentou convencelo para que abandonara o cristianismo e se unise ó imperio romano, concedéndolle a cambio o indulto da pena por desobedecer a orde imperial.
Valentín non aceptou e Claudio sentenciouno a morte. Pero antes foi ó cárcere, e neste punto aparace Xulia, a filla do carceleiro Asterio, da cal, se dí, Valentín se namorou. Xulia era cega de nacemento e moi fermosa. O sacerdote faloulle de Deus; ela veo o mundo a través dos ollos de Valentín, e a fe en Deus e a tranquilidade espiritual fixo que un día Xulia poidese ver.
Finalmente o santo foi executado o 14 de Febreiro de 271 e soterrado na igrexa de Práxedes, en Roma.
A lenda dí que Xulia plantou unha árbore de almendros con flores rosadas, e hoxe a árbore é un símbolo de amor e amizade.
Os restos de Valentín gárdanse en Madrid, na igrexa de San Antón, e a xente pídelle milagres amorosos tódolos días.
A celebración do Día de San Valentín oficializouse en 1969, ano no que o calendario católico estableceo o día 14 de febreiro como recordatorio do santo.
A mestura das historias, lendas e celebracións do pasado convirtiu a esa data no Día dos namorados.
O sentimento amoroso, patrimonio de tódolos humanos, xerou as mais brillantes páxinas da literatura universal, primeirísima fonte de inspiración de poetas e literatos, músicos e creadores de tódalas artes; acicate de guerreiros, inspirador das mais sublimes accións e dos mais devastadores feitos.
A historia e a literatura inmortalizaron a persoaxes arredor do amor nas mais diversas manifestacións : Marco Antonio e Cleopatra; o Cid Campeador e dona Jimena; Napoleón e Josefina ou o rei Pedro de Portugal que, despois de morta, coroou raíña á galega Inés de Castro son, con moitos outros, exemplos de cómo o amor estivo, ó longo dos tempos, vencellado ó destino dos pobos.
Por outra banda, a poesía e a lenda crearon figuras que foron, e seguen a ser, testemuña da forza coa a que o amor incide nos comportamentos humanos : Calixto e Melibea en La Celetina; o amor ilusorio de don Quijote e Dulcinea; ou o platónico de Cyrano de Bergerac e Roxana, na obra inmortal de Edmund Rostand; a traxedia amorosa de Romeo e Julieta, de Shespeare; os Amantes de Teruel, de Harzembuch; o prototipo romántico de don Juan Tenorio e dona Inés, de Zorrilla; o apaixoado romance de Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, ou o non menos vehemente da escritora George Sand e o compositor Federico Chopín; o amor, fraguado a golpe de tuna, de Gerardo e Carmiña en La Casa de la Troya ou o amor bucólico, puro e sinxelo, pero ultraxado, de Martiño e Rosa na lenda A Virxe do Cristal, de Curros Enriquez. Mil xeitos, en fin, e mil motivacións distintas que templan as cordas sentimentais do corazón humano, nesa relación agridoce, sempre ilusionante, que lle fixo decir a Campoamor : “ Todo en amor es triste / mas, triste y todo, / es lo mejor que existe”
Suso Fernández


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



