Este fin de semana celebrouse en Barcelona o V Campionato de España de tiro con arco en Sala para as categorías Cadete e menores de 14 anos. O noso representante Gabriel Galante Briones, luciuse na fase clasificatoria, a pesar de que no primeiro round saíseselle fóra da diana unha frecha a tan só dúas entradas do final, obtendo 276/300 puntos, o que lle situaría na 10ª posición. Iniciado o segundo round xa mais acougado, e centrándose na tarefa, acabaría superando con fartura o primeiro round con 284/300 puntos, cunha puntuación final na fase clasificatoria de 560 /600 puntos, que o situarían no 5º lugar e con iso o pase directo a 1/8 de eliminatorias. Gabriel logra así bater a súa marca persoal en Campionatos oficiais, a anterior lograríaa no Campionato das Pontes de García Rodríguez (551/600). Brais Seoane Verme do Club Arco Ares (A Coruña) tería mais tino ao tirar as súas frechas cunha puntuación final de 577/600 puntos situaríanlle en 2º posto, a tan só 9 puntos do primeiro.
O domingo xa nas tiradas eliminatorias Gabriel sucumbe ante o representante da comunidade Canaria un dilapidante 7 a 1 nos sets afástalle do soño do podium. Comeza perdendo o primeiro e segundo set, logra un empate no terceiro pero xa é tarde, a presión pódelle, está 5 a 1 e sabe que necesita gañar para continuar non lle vale outro empate o primeiro a chegar a 6 puntos gaña; comeza a cometer fallos que lle afastan cada vez mais da posibilidade de pisar o prezado podium finaliza o set e gaña o Canario 7-1. Gabriel esta fose da competición. Brais o seu compañeiro de batallas segue na competición, é tal o nivel dos porteiros, que nos fixo sufrir a todos ata o final; logra coarse en semifinais, logo a final contra o representante Balear, co que ten unha eliminatoria moi apertada; tanto é así que chegan os dous empatados 5 a 5 sets; todo o campionato decídese a unha única frecha a máis próxima ao centro gaña, tira o Balear, crávaa no centro mesmo da diana, estala unha ovación por parte dos seguidores Baleares, Brais aínda non tirou e o tempo corre tira pero se afasta do centro quedou Subcampión de España.
Terminada a competición Gabriel sente ben, xa que o obxectivo marcado desde un principio viuse cumprido, aínda que con sabor agridoce, tras perder nas eliminatorias perde varios postos quedando 9º na clasificación final, pero aínda así quedou dous postos máis arriba que o ano pasado. Xa forma parte dos dez primeiros porteiros de España.
A nota agradable é que sumando as tres maiores puntuacións dos porteiros de cada comunidade e categoría, Galicia logra o segundo posto por equipos, na categoría de menores de 14 anos grazas ás puntuacións obtidas por Brais 577, Gabriel 560 e Marta Guerreiro Arribas, do Club Escola Lucence de Tiro con Arco 538; sumando un total de 1675 puntos. Primeira quedaría a comunidade Madrileña con 1689, e terceira a Catalá con 1648.
Parabén a todo eles polos logros conseguidos.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
