Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 18ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE SUMOAS – Sábado, 17 de marzo de 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (17 MARZO 2012 )
40 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSE VIGO LAGE | 201 | 12 |
| SEGUNDO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 184 | 10 |
| TERCEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 182 | 8 |
| CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 180 | 7 |
| QUINTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 179 | 6 |
| SEXTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 177 | 5 |
| SÉTIMO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 176 | 4 |
| OITAVO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 169 | 3 |
| NOVENO | ARTURO VIGO CASABELLA | 164 | 2 |
| DÉCIMO | MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 161 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 78 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 121 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 102 | 4 |
| TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 83 | 3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 48 | 2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 24 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 83 | 6 |
| SEGUNDO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 78 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 76 | 3 |
| CUARTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 72 | 2 |
| QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 57 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 47 | 1 |
REMATOU A XXIIIª EDICIÓN DA LIGA DE BOLOS DE XOVE
Tarde fria e chuviosa. Campo moi mollado, que dificultou as tiradas.
Liga Senior Masculina.- A victoria de Jose Vigo permítelle facerse coa terceira posición do podium, relevando a César Cancelos á quinta posición. Este dato foi o máis interesante da xornada, xa que José Rafael González non puido sacarlle a segunda posición no podium a Francisco Pérez, quen incluso aumentou a súa vantaxe, sendo o único xogador, xunto co campión Arturo Vigo que conseguiu chegar aos 100 puntos. A mellor bolada de todo o campionato, que ata esta tirada estaba empatada entre Sócrates Campo e Félix Méndez con 94 tantos, tivo finalmente que ser desempatada entre émbolos dous xogadores, quedando finalmente en mans de Sócrates Campo, o que o fixo acreedor a trofeo e premio de 50 euros.
Pola súa banda, Modesto Albo, que ten 82 e vai para 83 anos, recibiu un ano máis o trofeo ao xogador máis veterano.
| CLASIFICACIÓN FINAL – XOGADORES CON DEREITO A PREMIO EN METÁLICO E TROFEO | PTOS | |
| ARTURO VIGO CASABELLA | 122 | 1º |
| FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 100 | 2º |
| JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 87 | 3º |
| JOSE VIGO LAGE | 80 | 4º |
| CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 79 | 5º |
| SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 76 | 6º |
| MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 63 | 7º |
| GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 62 | 8º |
| OMAR CABRERA MACIAS | 58 | 9º |
| LUIS RANCAÑO BOUSO | 48 | 10º |
| JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 47 | 11º |
| ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 40 | 12º |
| MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 33 | 13º |
| JORDI MEITÍN SERANTES | 28 | 14 |
| ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 27 | 15º |
| MELLOR BOLADA DE TODO O CAMPIONATO: SÓCRATES CAMPO SUÁREZ CON 94 TANTOS | ||
Liga Senior Feminina.- Tampouco houbo finalmente sorpresas nesta categoría, xa que Carmen Roca, Belén Meitín e Dolores Baño manteñen as súas posicións de privilexio. Nesta categoría tiñan premio e trofeo as cinco primeiras clasificadas; neste sentido, Marisa Casabella con 19 puntos superou finalmente a Carmen Martínez (16 puntos), facéndose acreedora a esa quinta e última praza que daba acceso aos premios e trofeos.
A vencedora Carmen Roca, que consigue o seu segundo entorchado nesta categoría (xa foi campiona na temporada 2009-2010), tamén se fixo coa mellor bolada con 62 tantos.
| CLASIFICACIÓN FINAL – XOGADORAS CON DEREITO A PREMIO EN METÁLICO E TROFEO | PTOS | |
| CARMEN ROCA CORRAL | 74 | 1º |
| BELÉN MEITÍN ROUCO | 71 | 2º |
| DOLORES BAÑO FRAGA | 62 | 3º |
| CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 37 | 4º |
| MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 19 | 5º |
| MELLOR BOLADA DE TODO O CAMPIONATO: CARMEN ROCA CORRAL CON 62 TANTOS. | ||
Liga Sub 16.- A campiona Salomé Cardoso volveu a demotrar quen realmente dominou a competición nesta temporada e non lle deu opción a ningún dos seus rivais. Pero o interesante nesta xornada estaba en ver quen se facía coa segunda praza, si Daniel López ou ben Isaias Cardoso, os dous empatados a puntos antes desta última xornada. Finalmente foi Isaias Cardoso quen se fixo con esa segunda prezada posición, superando por dous puntos a Daniel López na clasificación final.
| CLASIFICACIÓN FINAL – XOGADOReS CON DEREITO A PREMIO EN METÁLICO E TROFEO | ||
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 85 | 1º |
| ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 73 | 2º |
| DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 71 | 3º |
| LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 23 | 4º |
| CRISTOBAL RIVAS CAMPO | 18 | 5º |
| MELLOR BOLADA DE TODO O CAMPIONATO: DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ CON 69 TANTOS | ||
A entrega de Premios e Trofeos estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
