O Concello convoca o concurso fotográfico “Cervo respecta” para promover o coidado do medio natural
-As fotografías deberán estar centradas no medio ambiente e estar tomadas en Galicia
-Os premios entregaranse o día 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente
Cervo, 27 de abril de 2012-O Concello presentou esta mañá a segunda edición do Concurso Fotográfico de Medio Ambiente “Cervo respecta”, un certame convocado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro 5 de xuño, data na que se fará entrega dos premios aos gañadores.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, foron os encargados de informar dos detalles do concurso, no que poden participar todas as persoas que estean interesadas na preservación do medio e en dar a coñecer a riqueza natural. De feito, as fotografías terán o medio ambiente, coidado e ben conservado, como tema central. “Queremos que los fotógrafos muestren una naturaleza viva, que sirva como ejemplo del estado en el que deberíamos mantener todo nuestro entorno natural” explica Begoña Alonso.
Como requisitos que deberán cumprir as fotografías pódese destacar que os espazos fotografados terán que estar situados en Galicia, e os autores terán que especificar o lugar concreto no que foron tomadas. Ademais, ditas instantáneas deberán ser orixinais e inéditas, en formato dixital (JPEG), en alta calidade (sen compresión) e cunha resolución mínima de 2048 píxeles sen limitación de tamaño en MB.
As fotografías deberán presentarse nun sobre pechado que inclúa un CD coas imaxes así como un título para cada foto e a descrición do lugar e a provincia na que foi sacada. Ademais, deberá incluír outro sobre no que se indicarán os datos persoais do autor e na parte exterior o número de DNI. As fotografías pódense remitir ata o 21 de maio á Casa do Concello de Cervo ou á Casa da Cultura de San Ciprián, ben en persoa ou a través de correo ou mensaxería instantánea.
Cada fotógrafo podo presentar un máximo de tres imaxes, e segundo as idades establécense dúas categorías: a xuvenil, na que se inclúen os menores de 18 anos; e adultos, para os maiores de 18 anos. Un xurado especializado na materia será o encargado de valorar as fotografías e de elixir aos gañadores. Outorgaranse dous premios por categoría; no caso dos adultos, levarán unha peza de cerámica de Sargadelos e, ademais, o gañador do primeiro premio recibirá un vale de 100 euros para gastar en establecementos do concello cervense. En canto á categoría xuvenil, o vencedor do primeiro premio recibirá un cheque por valor de 100 euros para material deportivo, mentres o segundo premio será un lote de material escolar.
Os nomes dos gañadores faranse públicos o día 31 de maio mentres a entrega oficial realizarase o 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente. “Esperamos recibir numerosas fotografías y con ellas intentar concienciar a la ciudadanía de que si nos lo proponemos podremos conseguir que todas esas imágenes de naturaleza verde y medio ambiente cuidado se extiendan y pasen a constituir el paisaje predominante” explica Begoña Alonso. “Deseamos que cada vez sea máis fácil poder hacer fotografías de un medio natural bien conservado porque eso significará que el esfuerzo por preservar el medio ambiente estará dando sus resultados” remata a edil.
Remitido

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



