Jose Manuel Balseiro lembra que ambos executivos realizan xestións para abaratar a tarifa eléctrica -que supón o principal custe de produción desta compañía- e impulsan os proxectos gasistas que beneficiarán aos centros de traballo de San Ciprián e da Coruña
O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE XUNTA E GOBERNO CENTRAL TRABALLAN PARA MANTER A ACTIVIDADE E OS POSTOS DE TRABALLO DE ALCOA EN GALICIA
Xa existe un acordo parlamentario unánime consensuado polas tres forzas políticas no mes de abril e polo tanto non procede apoiar a petición do BNG “que non achega nada novo” indicou Balseiro
Os nacionalistas chegan tarde coa súa proposta e só buscan un pouco de protagonismo e limpar a mala conciencia do nacionalismo despois de converterse en socio preferente do Goberno do PSOE no Estado e deixar 24 mil millóns de déficit tarifario, o motivo polo que agora se encarece o prezo da electricidade
Santiago, 27 de xuño de 2012.- O Grupo Parlamentario Popular salienta que a Xunta e o Goberno central traballan para manter a actividade e os máis de 2.000 postos de traballo que a multinacional Alcoa ten en Galicia. O deputado popular Jose Manuel Balseiro defendeu no Pleno do Parlamento que o Goberno galego ten intensificado as súas relacións coa propia factoría e co Ministerio de Industria para impulsar dous dos proxectos máis importantes de cara a acadar este obxectivo: unha tarifa eléctrica máis barata e a posta en marcha do gasoduto da Mariña.
Os populares consideran que os nacionalistas “chegaban moi tarde coa súa proposta, como mínimo dous meses tarde” posto que como lembraron xa existe un acordo parlamentario unánime consensuado polas tres forzas políticas que data do mes de abril e no que xa se incluían medidas a favor da continuidade de Alcoa e, nomeadamente a redución da tarifa eléctrica para garantir a súa viabilidade e competitividade futura. Desde o PP propoñían na súa emenda ratificarse no contido deste acordo acadado no mes de abril feito que o BNG non aceptou, rexeitando calquera posibilidade de consenso ou transacción e obrigando ao voto en contra dos populares ante unha iniciativa “que non achegaba nada novo”. O acordo parlamentario do mes de abril foi tamén aprobado en concellos da Mariña e na Deputación de Lugo, en ambos casos por unanimidade e a proposta do PP.
Segundo Balseiro no BNG só buscan “un pouco de protagonismo e limpar a súa mala conciencia” despois de converterse en socio preferente do Goberno do PSOE que, tras dúas lexislaturas no Estado deixou 24 mil millóns de déficit tarifario, motivo polo que agora se encarece o prezo da electricidade.
PREZO DA ELECTRICIDADE
Os populares consideran necesario establecer un mecanismo de estabilidade nos prezos da enerxía eléctrica para manter garantidos os custes moderados de produción e así manter os postos de traballo desta compañía nos dous centros de traballo que ten Alcoa en Galicia.
Neste senso os populares lembraron que a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, xa comunicou á dirección e ao comité de empresa de Alcoa que o Goberno central comprometeuse co Executivo galego para desenvolver un tratamiento específico para a tarifa eléctrica de grandes factorías, algo que beneficiará á fábrica aos intereses desta compañía.
GASODUTO DA MARIÑA
Por outra banda Jose Manuel Balseiro significou que tras anos de parálise a chegada ao Goberno do Partido Popular na Xunta e no Executivo central permitiu desbloquear o despregametno dos proxectos gasistas na Mariña lucense e na Coruña.
De feito, outro dos principais obxectivos desta compañía é lograr substituír a dependencia de fuel polo gas e chegar a crear unha canalización directa que inxecte gas nas caldeiras da factoría. Neste senso foi o Goberno do Partido Popular na Xunta –e non o bipartito- quen asinou os convenios con Alcoa Coruña e San Ciprián, proxectos para os que a actual administración autonómica mobilizou preto de 5 millóns de euros. E se prevé que para outono poderá iniciarse a construción da canalización do gasoduto mariñán para inxentar así o gas que precisa a factoría lucense.






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



