Villares discrimina entre concelleiras de primeira e segunda división ao poñerlle a Pilar Armada un salario un 120% mais alto que súa antecesora no cargo, a dimitida Pilar Álvarez.
Estúa critica que o goberno local fai recaer sobre a sociedade cervense a factura da crise creando a taxa do PAI e elevando a do Servizo de Axuda no Fogar e Escolas Deportivas mentres o alcalde e o seu grupo de goberno seguen cobrando como se foramos ricos.
O PAI pasará a custar 160 euros ao mes e o incremento previsto na recadación para o Servizo de Axuda no Fogar básico será do 235%, mentres no de dependencia incrementarase no 220% pola aplicación das medidas antisociais incluídas no Decreto 99/2012 da Xunta de Galiza.
As escolas deportivas municipais tamén serán mais caras con subas na recadación prevista do 22% ao ter que pagar incrementos na matrícula básica de 10 euros pola realización de novas actividades.
Cervo, 11 de xullo de 2012. O goberno municipal de Cervo levará a pleno o próximo venres incrementos brutais nas taxas pola prestación de servizos sociais, Punto de Atención Infantil e Escolas deportivas municipais ao tempo que mantén o nivel de ingresos do grupo municipal coa toma de posesión da edil Pilar Armada que substituirá á dimitida Pilar álvarez incrementando o seu salario nun 120%. Os nacionalistas cualificaron de indecente que o goberno local siga sen asumir nin un gramo da austeridade que se lle esixe aos demais e aínda por riba se lle faga pagar á cidadanía a factura da crise e da súa mala xestión económica mediante incrementos desorbitados nos custes dos servizos municipais.
A tarifa básica mensual do Punto de Atención Infantil será de 160 euros, 50 mais que a aprobada en 2008 e paralizada polas axudas de áreas de goberno nacionalistas na Deputación
Ao goberno do PP, que xa anunciara no Plan de Axuste a aprobación dunha ordenanza fiscal para o PAI, a aplicar a partir do ano 2013, non lle chegou coa ordenanza fiscal aprobada e paralizada no 2008, incrementouna na tarifa básica en 50 euros mensuais sen que isto supoña comparándoa coa ordenanza de 2008, un incremento importante na recadación final xa que no 2008 facíase unha previsión de ingresos de 33.000 euros e coa que prevén aprobar agora as previsións están en 35.000.
Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa García, “Villares quere ir de campión diante do seu partido na aplicación das receitas antisociais e de recorte dos servizos públicos do PP, aínda que isto supoña pagar un alto prezo aos veciños e veciñas de Cervo”
O Decreto 99/2012 de servizos sociais da Xunta entra en vigor cun alto custe para a cidadanía que pagarán os servizos sociais como artigo de luxo.
O Decreto 99/2012 entra en vigor en Cervo con incrementos brutais nas taxas de aplicación a cidadáns que deberán asumir ademais do abandono da Xunta e Goberno Central, no primeiro caso desentendéndose do Servizo de Axuda no Fogar para concellos de menos de 20.000 habitantes e no segundo polo tesourazo do 48% no orzamento xeral do Estado para o Plan Concertado. O goberno municipal aplica o decreto seguindo o ditame da Xunta que obriga á suba do SAF Básico e Dependencia onde se prevén, no caso de Cervo, incrementos na recadación no primeiro caso do 235% e no segundo do 220% que deberá pagar a cidadanía, xustamente aquela que está en maiores dificultades sociais, económicas e de saúde. Neste sentido “Estúa cualificou ao PP de inmoral por cargar precisamente sobre os grupos sociais mais necesitados a factura dunha crise da que son vítimas inocentes”
As escolas deportivas municipais pasan a ter custes de club privado de alto standing
Segundo a modificación da Ordenanza Fiscal para as Escolas Deportivas Municipais os prezos da matrícula mantéñense iguais para menores de 16 anos en 13,14 e 16,43 euros mensuais para maiores desta idade empadroados en Cervo, a modificación que se propón ao pleno consiste no pago de 10 euros supletorios para maiores de 16 anos por cada unha das actividades novas que se desexen realizar, así é o caso dunha familia de tres membros matriculados cun fillo maior de 16 anos con matrículas en seis actividades diferenciadas, “mentres ate agora paga 49,29 euros, a partir da modificación pasará a pagar 109,29 cun incremento da tarifa do 120%”. Para o portavoz municipal nacionalista estamos diante dunha subida das tarifas fora de lugar, que non ten en conta a función social do deporte nin a situación económica de moitas familias, Estúa augurou baixadas importantes no número de inscritos”.
Villares fai recaer sobre a cidadanía cervense a factura da crise mentres el e o seu goberno seguen cobrando como se foramos ricos.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, insistiu en que o goberno local vai facer pagar á cidadanía as consecuencias da súa propia xestión económica esixindo austeridade e subas nas taxas e impostos locais dun xeito desmedido ao tempo que eles seguen a vivir coma ricos. O nacionalista explicou ademais que Villares distingue entre concelleiros de primeira e segunda división ao decidir un salario para Pilar Armada un 120% mais elevado que o da súa antecesora no cargo, a concelleira dimitida Pilar álvarez.
Segundo Estúa os gastos do grupo de goberno “practicamente non se resenten” xa que aínda tendo en conta a eliminación do posto de asesora de Pilar Armada esta suporá un gasto anual de 18031,14 fronte aos 8429,36 da dimitida Pilar álvarez, manténdose a dedicación exclusiva do alcalde, tres parciais e as asistencias a Xuntas de Goberno a 150 euros a sesión. O nacionalista denunciou que as Xuntas de goberno ordinarias anuais multiplicáronse por dous elevando o gasto anual o 100%.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



