Este Xoves con Xeito, nos Mercados de Verán de Mondoñedo, contamos coa destacada presencia de Tonhito de Poi
A programación que os Mercados de Verán están traendo a Mondoñedo nesta súa primeira edición está a reunir a algúns dos mellores músicos e artistas de Galicia nos dous espazos onde se celebra, as prazas da Catedral e do Concello. Este xoves, 26 de xullo, a este elenco de luxo vanse unir dous grandes artistas.
Un deles, menos coñecido polo público en xeral pero dunha excepcional calidade, é o mimo Sergio Otero, que visita os Xoves con Xeito mindonienses como Ksiloco Mimo Clown para traer o seu espectáculo “Conversaciones a través del silencio”. A actuación comenzará ás 8 da tarde, na Praza do Concello.
E a partir das 10 da noite, no mesmo lugar, será o coñecidísimo e polifacético músico e showman Tonhito de Poi o que se encargará de poñer son ó solpor. A súa proposta en solitario, na que une música e historias faladas, a ben seguro ha sorprender ós asistentes ó Mercado.
Ademáis de todo esto, e coma sempre, o Xoves con Xeito dos Mercados de Verán ofrecen, neste fermoso espacio de Mondoñedo e a partir das 7 da tarde, a mellor artesanía, o traballo de novos deseñadores e postos de comida onde degustar algo diferente ó fin da xornada, de regreso da praia ou do traballo.
A seguinte cita dos Mercados de Verán terá lugar o domingo 29 de xullo; no Día do Calabacín, os Domingos Frescos ofrecerán degustacións e show-cookings de pratos preparados con este producto, obradoiros para os máis pequenos, animación de rúa e, como ven sendo habitual, a programación de Radio Rabiza, a radio dos Mercados.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



