O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN EN CONTRA DA CONCENTRACIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL E DE PRIMARIA. NO COLEXIO DE SAN COSME SUPRÍMESE UNHA UNIDADE DE PRIMARIA E TRES PRAZAS DE MESTRE. O ASUNTO ABORDARÁSE NO PLENO ORDINARIO DESTA TARDE.
Barreiros, 30 de xullo de 2012. O BNG leva ao pleno ordinario que se celebrará esta tarde no Concello de Barreiros unha moción en contra da concentración do alumnado de infantil e primaria. No colexio de San Cosme suprimiráse unha unidade de primaria e tres prazas de mestre, unha medida que está a ter unha grande resposta social a carón da que están os concelleiros nacionalistas.
Na tarde de hoxe, ás 19:30 horas, celebrarase un pleno ordinario en Barreiros no que o BNG presenta unha moción en contra da supresión de aulas e da concentración de alumnado de infantil e primaria. A portavoz dos nacionalistas sinala que “con esta moción queremos denunciar unha situación que se está a facer en todos os concellos de Galicia, xa que entendemos que os recortes non poden afectar tampouco á educación, xa que a educación pública é a que garante a igualdade de oportunidades nos nenos e as nenas. Recortar neste aspecto supón poñer en desigualdade de condicións ás nenas e nenos do rural, qué é onde se están a producir estes recortes, con respecto aos das cidades ou vilas máis grandes”.
Unha situación que lles afecta aos nenos e nenas de Barreiros “porque a finais de curso chegou unha notificación de que se suprimía unha unidade de primaria e tres prazas de mestres no colexio de San Cosme (inglés, música e educación física), polo que se agruparán aos nenos de 3 a 5 anos nunha soa aula de infantil e aos nenos de primaria de 6 a 13 anos noutra aula, ademáis co agravante de que este centro quedará sen especialistas”. Ermida indicou que “ésta é unha medida que está a ter unha grande resposta social tanto por parte do profesorado como das asociacións de nais e pais e o BNG non podía deixalo pasar. O que solicitamos nesta moción é instar á Xunta a que elimine a concentración do alumnado de infantil e primaria e que dote aos centros de ensino dos recursos necesarios para que a atención ao alumnado estea garantida, sobre todo ao alumnado que teña certas necesidades educativas especiais”.
O BNG rexistrou outras mocións para o seu debate neste pleno, pero finalmente non foron incluidas na orde do día. A portavoz do BNG en Barreiros explicou que “unha das mocións a respecto da solicitude á Xunta de Galicia de que se anule o repago que están a facer os pensionistas dos seus medicamentos, xa que supón un gasto e un grande cargo para estas persoas, que teñen unhas pensións moi baixas. Son medidas que se están a adoptar noutros sitios e a Xunta ten posibilidades de facelo. Noutra das mocións presentadas polo BNG, e que se estivo tratando noutros Concellos da Mariña, se solicitan medidas para garantir o futuro da Mariña, como a mellora do Hospital da Costa, a loita polo emprego ou a garantía das infraestructuras. E a terceira das mocións rexistradas era sobre a última reforma de réxime local, que realizou o goberno do Estado, entendemos que é tremendamente nociva para concellos coma o de Barreiros, un concello rural con poucos habitantes, que se están baleirando das súas competencias. O que se está a facer é apoiar unhas institucións como as Deputacións, que nada teñen de achegadas aos cidadáns mentras se lles quitan competencias aos concellos”.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



