Ecogaleguistas pechan as listas electorais de AGE Espazo Ecosocialista incorporase á Alternativa
Galega de Esquerda
En Compostela a 19 de setembro de 2.012
Espazo Ecosocialista ven de incorporarse á Coalición Alternativa Galega de Esquerda
coas que concorrerá ás próximas eleccións autonómicas.
Aínda que non resolve satisfactoriamente a alternativa ampla, necesaria e demandada
pola cidadanía a Coalición Alternativa Galega de Esquerda supón un paso
importante na unidade da esquerda e na concentración electoral fronte ao PP, á
vez que unha nova experiencia na procura de superar a división da esquerda
nacionalista/non nacionalista baixo un proxecto nacional.
Temos diante de nos dúas tarefas fundamentais: reconstruír o espazo da esquerda
nacional renovadora e conseguir a derrota electoral do PP. Tarefas unicamente
posibles de conseguir desde a máxima unidade posible hoxe representada por
Alternativa Galega de Esquerdas.
Para os Ecogaleguistas tratouse sempre, neste proceso de reconstrución política da
esquerda nacional e do galeguismo político, de intentar conxugar o urxente (botar
ao PP da Xunta de Galicia e frear as políticas de desmantelamento do estado social e
democrático, así como o noso xa de por si reducido autogoberno) co necesario
(construír a máxima unidade político-electoral que permitira vertebrar unha alternativa
ampla e plural da esquerda e do galeguismo), á vez de atopar un espazo o máis
amplo posible desde o cal poder seguir avanzando no prioritario (a reconstrución
da esquerda baixo os parámetros nacionais e de renovación).
Desde Espazo Ecosocialista cremos que estamos nun período de transición no que
aínda debemos esforzarnos máis por buscar o encontro da esquerda nacional e
do galeguismo político, para os que necesitamos espazos de experimentación
nos que superar o sectarismo e a fragmentación política.
Para Ecogaleguistas débese avanzar nos maiores espazos de unidade que fagan
posible alternativa democrática e electoral ao PP e posibilitar no futuro a
recomposición da esquerda en clave nacional e de renovación.
Temos pois diante de nós dúas tarefas fundamentais: reconstruír o espazo da
esquerda nacional renovadora e conseguir a derrota electoral do PP. Tarefas
unicamente posibles de conseguir desde a máxima unidade posible hoxe representada
por Alternativa Galega de Esquerda.
A nosa incorporación faise baixo as premisas dun Acordo Político que asegura a
nosa participación nos órganos políticos, executivos e técnicos da coalición e a
participación activa do compoñente ecosocialista galego na mesma.
Estamos convencidos de que a presenza de Espazo Ecosocialista vai facilitar a
incorporación dun necesario sector social cidadá que doutro xeito non se
mobilizaría ante o imprescindible cambio político e vai servir de elemento
aglutinador dun espazo da esquerda nacional renovadora e verde.
Ademais, en consonancia co que vimos dicindo desde o noso nacemento, Espazo
Ecosocialista non esta preocupado pola posición nas listas electorais senón
ocupado pola renovación das ideas e da política, polos seus aspectos
propositivos. Nese senso, o feito de que os homes e mulleres ecosocialistas
exclusivamente pechemos as listas ademais dunha honra supón a confirmación
que é iso e non outras cuestións son as que nos moven.
Somos conscientes de que o proceso de renovación e converxencia da
esquerda galega non remata o 21-O, e de acordo coa nosa idea de cooperación
política na pluralidade, Espazo Ecosocialista manterá aberto o diálogo e
facilitará os espazos de encontro necesarios con todas as forzas progresistas e
galeguistas.
Proceso que de seguro será máis doado cun bo resultado da Coalición
Alternativa Galega de Esquerda e cunha derrota do Partido Popular.
————————————————————————————————-
Candidat*s de Espazo Ecosocialista
Manuel Dios Diz. A Coruña. Mestre en Santiago, presidente e
fundador do Seminario Galego de Educación para a Paz, tivo un papel
relevante nas orixes e desenvolvemento do sindicalismo nacionalista
galego nos ’70 e80 nas executivas da CXTG e da CIG; Coportavoz
de Espazo Ecosocialista.
Iván Rodríguez Lombardero. Lugo. Técnico en sustentabilidade,
exresponsable da area no concello de Ribadeo; Xerencia unha Casa de
Turismo Rural; Membro do Consello Nacional de Espazo Ecosocialista.
Maria Xesús Bóo Feijóo, Ourense. Ensinante; militante ecopacifista;
Co-portavoz de Espazo Ecosocialista
Xoán Hermida González. Pontevedra. Licenciado en Historia
Contemporánea e postgrao en filosofía pola USC, foi secretario de
Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo
Parlamentar Mixto entre 1997 e 1999, foi director da ONG
AMARANTE desde outubro de 1999 a outubro de 2007;
Coordinador de Espazo Ecosocialista






















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



