O BNG DA MARIÑA OCUPA UNHA OFICINA DE NGB PARA CHAMAR A ATENCIÓN SOBRE AS CAUSAS DA ACTUAL CRISE ECONÓMICA
Veiga anuncia que o BNG presentará na Deputación provincial unha iniciativa para deixar de traballar con aquelas entidades que apoien os desafiuzamentos
Os nacionalistas piden máximo apoio para a folga xeral do 14-N para evitar que continúe o desmantelamento da sanidade e a educación públicas
Ribadeo, 12 de novembro de 2012. Unha delegación de cargos institucionais e orgánicos do Bloque Nacionalista Galego (BNG) da Mariña encabezada polo responsábel comarcal da formación, Antonio Veiga, ocupou, esta mañá, a oficina de Novagalicia Banco(NGB) de Ribadeo, para chamar a atención sobre os motivos polos que se chegou a actual situación de crise económica e evidenciar que os bancos son os principias responsábeis da mesma.
Veiga denunciou que ‘tras a situación de recesión e depresión agóchase a mala praxe dos bancos e as súa irresponsábel política de concesión de créditos. Agora era o momento de que as entidades financeiras concederan créditos para dotar de liquidez ás empresas e familias e poder así saír do pozo no que nos sumiron banqueiros e políticos neoliberais, e sen embargo non o fan.’
Para os nacionalistas, ‘á falla dunha política coherente á hora de conceder créditos, hai que engadir estafas como a das participacións preferentes, que deixaron a máis de 90.000 galegos e galegas sen os seus aforros, e as indemnizacións millonarias dos exdirectivos das desaparecidas caixas galegas.’
Veiga subliñou que ‘estes son só tres exemplos elocuentes das graves deficiencias dun sistema financeiro altamente protexido polo Goberno popular de Mariano Rajoy que pide a Europa o rescate bancario pero permite que continúe aumentando o desemprego, que as PEMES segan fechando, que máis dun 22 por cento de familias galegas estean en risco de pobreza ou exclusión e que milleiros de persoas segan a vivir o drama dos desafiuzamentos.’
Neste senso, o responsábel da formación na Mariña anunciou que o BNG presentará, na Deputación e en todos os concellos da provincia nos que ten representación, unha iniciativa para deixar de traballar con aquelas entidades bancarias que apoien e executen novos desafiuzamentos. ‘Para os nacionalistas as prioridades están claras, por riba dos bancos están as persoas e o seu benestar.’
Apoio á folga xeral do 14-N
Dende o Bloque Nacionalista Galego piden o máximo respaldo á folga xeral do vindeiro mércores. ‘Sobran os motivos para saír á rúa. Os mariñáns temos que evidenciar o noso descontento coas políticas dos gobernos central e autonómico. Non estamos dispostos a seguir pagando as consecuencias dunha crise provocada polos bancos e a que, ao tempo que estes son rescatados, se desmantelen servizos públicos básicos como a sanidade e a educación’ – concluíu Antonio Veiga.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



