O BNG CHAMA A SECUNDAR A FOLGA DE MAÑÁ E PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓN CONVOCADAS EN LUGO, BURELA E MONFORTE
Mario Outeiro afirmou que “hai milleiros de razóns para ir á folga mañá, tantas como parados hai e seguen medrando debido ás políticas neoliberais do PP”
Lugo, 13 de novembro de 2012. Esta mañá os responsábeis comarcais do BNG de Lugo-centro, Lugo-sur e da comarca da Mariña, Mario Outeiro, Ricardo Rodicio e Antonio Veiga, participaron, xunto aos alcaldes e tenentes de alcalde do BNG na provincia de Lugo, así como militantes e simpatizantes do BNG, nun reparto informativo polas rúas da capital lucense facendo un chamamento a secundar a folga de mañá e a participar nas mobilizacións convocadas en Lugo, Burela e Monforte.
Mario Outeiro, responsábel comarcal do BNG de Lugo, manifestou que “a destrución de emprego avanzou de xeito imparábel desde o inicio da actual crise económica, estamos a falar de 267.000 parados en Galiza a día de hoxe; e as políticas emprendidas ata o de agora agravan aínda máis a situación de miles de persoas no noso país, ao tempo que protexen aos verdadeiros culpábeis da actual desfeita económica e social”.
“A creación de emprego – continuou Outeiro – é imprescindíbel para saír da situación de crise na que nos atopamos, e para iso é necesario reactivar os sectores produtivos básicos da nosa economía, para o que precisamos ter maior capacidade de decisión en Galiza, unha situación que actualmente non se da, posto que tanto Rajoy dende o Goberno Central, como Feijoo dende o Galego, limítanse a executar unha política económica imposta polo Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e a Unión Europea, feito que, ademais, afecta aos piares básicos do sistema democrático”.
Neste senso, o responsábel comarcal do BNG insistiu en que “Galiza ten ferramentas para superar a crise: recursos, coñecemento e vontade de moitas persoas para saír adiante con éxito. Máis ten que ter capacidade para exercelas, ten que poder exercer a súa soberanía económica para xerar emprego e benestar para as maiorías sociais do país”.
Por todo isto, dende o BNG fan un chamamento para que a cidadanía apoie a folga xeral de mañá, 14 de novembro, e tome parte na manifestación que sairá ás 12 da mañá, diante dos sindicatos, na Ronda da Muralla. “O 14-N temos a oportunidade de reivindicar unha saída xusta á crise, a prol das galegas e dos galegos e non dos mercados financieiros, que mellore as condicións de vida das maiorías sociais”, puntualizou Outeiro.


















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



