OS NACIONALISTAS ASEGURAN QUE OS ACORDOS PLENARIOS PODEN REVISARSE E QUE RECTIFICAR É DE SABIOS. DESTE XEITO LLE LEMBRAN AO ALCALDE BARREIRENSE AS QUEIXAS DOS VECIÑOS POLO INCREMENTO QUE SOFRIRON NOS ÚLTIMOS MESES AS TAXAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS.
Barreiros, 28 de novembro de 2012. O BNG asegura que os acordos plenarios poden revisarse. Así resposta á xustificación dada nas últimas horas polo alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, sobre o incremento das taxas e impostos municipais e ás críticas verquidas contra os partidos da oposición.
A portavoz do BNG, Ana Ermida, lembrou que “no pleno do pasado luns celebrado en Barreiros o BNG tivo que presentar coma unha pregunta as queixas dunha asociación de veciños porque o alcalde e o PP, que teñen a maioría, se negaron a que fora introducido como moción, incluso votaron en contra de que fora introducida coma unha moción in voce, de urxencia”.
Para os nacionalistas “isto da boa mostra de cal é a actitude e o respecto que ten o PP hacia os problemas das veciñas e dos veciños, non querendo tratar as cuestións que os preocupan e xustificando que é un tema que xa foi tratado. Pero todo o mundo sabe que os acordos plenarios se poden revisar e ademáis rectificar é de sabios, sobre todo cando as veciñas e os veciños están a pedir un novo debate sobre este asunto, que se pode levar a cabo”.
Ermida referíuse á xustificación e ás declaracións realizadas polo alcalde despois do pleno, “o que máis nos sorprende é que pretenda confundir á xente e que acuse ao resto de demagoxia cando él utiliza posturas e frases dos concelleiros do BNG sacadas de contexto, lidas parcialmente e que non responden á postura real que se mantivo no momento da suba das taxas. E ademais pretende explicar e introducir demagóxicamente unha diferenciación entre taxas e impostos, dicindo que os cartos que se recaudan só van aos servizos e que non ten nada que ver a xestión municipal”. An Ermida sinalou que “é evidente, e calquera persoa o pode entender que si hai que subir o prezo dos servizos, das taxas, para costear a auga, o saneamento ou o servizo de axuda no fogar é porque non hai cartos. E non hai cartos porque as partidas que se ingresaron nalgún momento no Concello de Barreiros desapareceron porque se xestionaron mal, porque se despilfarraron e porque se utilizaron para comprar favores. Por ise motivo houbo que pedir un crédito de dous millóns e medio de euros para tapar os buratos dunha nefasta xestión e por iso, como non hai cartos, hai que subir as taxas e os prezos públicos dos servizos”.
Insisten desde o BNG en que “é unha cuestión exclusivamente de xestión, é evidente que resposta a que non se xestionaron ben os cartos de todas e de todos e que a día de hoxe non se sabe onde está o diñeiro que ingresou o Concello de Barreiros nos anos bós. Tamén nos sorprende que no propio pleno o alcalde xustificou que a obra do convenio da auga, do famoso convenio Xunta, Deputación, Concello se vai realizar, se vai licitar a obra por Augas de Galicia e se vai a pagar por Augas de Galicia, poñan o resto das partes os seus cartos ou non. Parece que o Concello ou a Xunta sí que están dispostos a poñer a parte que lles corresponde poñer aos promotores, que nun principio se tiñan comprometido, pero pola contra o alcalde amósase claramente en contra de asumir ningún coste que poida beneficiar ás veciñas e aos veciños”.
Para o BNG “é algo insólito, que demostra para quen goberna o PP aquí, na Xunta e no goberno do Estado. Goberna para os ricos a costa de cargar aos veciños e ás veciñas con impostos”.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



