Celeiro consegue un ouro e un bronce no galego de remoergómetro
Celeiro 21/01/2013. O Campionato Galego de Remo Indoor 2013 que se celebrou o domingo no pavillón da Malata, en Ferrol, confirmou a boa progresión do Club de Remo de Celeiro. Nunha mañá fría pero á calor de centos de rapaces e rapazas de tódolos clubs de remo de Galicia, os de Celeiro sumaron dous podios aos xa acadados recentemente. Desta volta a medalla de ouro colgouna Álex González, en remo adaptado, gañando por diante do representante de Samertolameu de Meira. Tamén moi meritorio resultou o terceiro posto por equipos conquistado por Adriano Rodrígues, Marcos Santiago Brais Teixeira e Jose Gómez. Xa antes, en categoría individual Adriano Rodrigues, outro dos rapaces que adestran ás ordes do ferrolán Marcos Peña, fora séptimo, e Jose Gómez oitavo. O equipo xuvenil b de Celeiro, formado por Vicente Louzao, Jose Luis García, Daniel Silva e Cristian García foi quinto. Na categoría cadete por equipos, os de Celeiro, cun equipo formado por Hugo Sánchez, Alejandro Piñón, Ángel Paleo e Cristian Giz remataron nun meritorio décimoterceiro posto.
Neste campionato que precede ao comezo da liguiña de bateis, o 9 de febreiro, a competencia foi forte: As tandas de infantiles nas que remaron Hugo Sánchez e Ángel Paleo Sánchez tiveron unha participación de 76 rapaces varóns, acadando eles os postos 13 e 21. Álex Piñon fixo o 36 mellor tempo de 51 cadetes masculinos. Pola súa banda, Xavier Lombardero conseguiu para Celeiro o quinto posto de Galicia entre os veteranos e Fran Real, o posto 12.
A competición desenvolveuse dende primeira hora da mañá ata ben entrada a tarde e na expedición chilindrina viaxaron pais e directivos de club. O presidente Bernardo Fraga, confía en acadar os patrocinios necesarios para que as distintas categorías poidan acudir aos campionatos de bateis. Asimesmo, confía en que o vindeiro ano Celeiro poida levar tamén representación en categoría feminina, pois xa en épocas pasadas o club conseguiu grandes resultados coas rapazas.
Clube de Remo de Celeiro


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
