A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá, organiza como cada ano o desfile polas rúas da vila o domingo de piñata (17 de febreiro). É un dos desfiles con máis sona na mariña lucense, conta ano tras ano cun gran número de participantes, debido en gran parte á dotación dos premios e a que son moitos os que se reparten (ata sete premios nas categorías de infantil). Ademais é un dos últimos desfiles do ano e non coincide con outros dentro da comarca, se ben, ven xente de toda a provincia e moitos asturianos.
Entroido en Lourenzá
Entroido en Lourenzá
Relacionado
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura