POR QUE LUGO TEN UNHA SANIDADE DE SEGUNDA?
A HEMODINÁMICA EN ESPAÑA. O PP MINTE
O director xeral de Asistencia Sanitaria, Félix Rubial, vén de explicarlles ás asociacións de veciños de Lugo que a provincia non pode ter unha unidade propia de Hemodinámica as 24 horas do día e que, de implantala no futuro, só podería funcionar de 8.00 a 15.00 horas, porque o Ministerio de Sanidade fixa como mínimo ter 400.000 habitantes para establecer este servizo. Desde o PSdeG de Lugo vimos de comprobar, chamando persoalmente a todos os hospitais públicos do resto de provincias, que isto é mentira e non sucede no resto de España.
-En primeiro lugar, só nove provincias en España carecen deste servizo, e todas elas teñen moitos menos habitantes que Lugo (que ten 348.067 habitantes segundo datos do INE 2011). Son Huesca (228.361), Cuenca (217.000), Zamora (194.000), Palencia (172.000), Ávila (172.000), Segovia ( 164.000), Teruel (145.000) e Soria (95.000).
-As provincias de similar poboación que Lugo, que son Burgos (372.538) e Salamanca (350.018), teñen un servizo de Hemodinámica propio as 24 horas do día.
-E o que é máis grave, provincias con moita menos poboación tamén dispoñen deste servizo propo as 24 horas. É o caso de Álava (320.778 habitantes), onde os responsables da sanidade pública responden sorprendidos que “por suposto, hai Hemodinámica durante todo o día” e, o caso máis chamativo, Guadalajara (257.442), onde o pasado 13 de xaneiro veñen de anunciar que empeza a funcionar un servizo de urxencia de hemodinámica as 24 horas no seu Hospital Universitario público para que os pacientes non teñan que ser trasladados a Madrid, como se recolle na seguinte noticia, deste mesmo mes:
http://hugu.sescam.jccm.es/noticias/558/el-hospital-universitario-guadalajara-cuenta-desde-hoy-con-servicio-alerta-hemodinamica-24-horas-dia
-Por outra banda, os hospitais de La Rioja (321.173 habitantes) e de Ourense (328.697) teñen Hemodinámica de 8.00 a 15.00 horas, este último a pesar de ter moita máis poboación que outras provincias que dispoñen deste servizo con unidade propia durante todo o día.
Ante esta realidade, e tendo en conta ademais as peculiaridades de Lugo, cunha poboación gravemente envellecida e unha acuciada dispersión poboacional que fai que os traslados sexan aínda máis longos, desde o PSdeG de Lugo queremos que a Xunta nos explique cales son eses criterios técnicos e de ordenación segundo a poboación aos que di responder o PP. Queremos saber por que o Sergas dá un servizo “de cidadáns de segunda” en Ourense e sobre todo en Lugo (que nin sequera dispón deste servizo a ninguna hora), con respecto ao resto de España, e por que noutros lugares con menos poboación logran implantar unha unidade deste tipo que funciona todo o día e a Xunta non é capaz de facelo en Lugo. Falta de capacidade da Xunta ou é que hai outros intereses detrás?
INFORMACIÓN SOBRE RADIOTERAPIA
No referente á Radioterapia, a discriminación é aínda máis grave, xa que só hai cinco provincias en toda España, ademais de Lugo, que non teñen este servizo. Todas elas teñen a metade de poboación que Lugo ou menos. Son Ávila (171.647 habitantes), Palencia (170.513), Segovia (163.171), Teruel (143.162) e Soria (94.610). Din desde a Xunta que haberá Radioterapia e Medicina Nuclear cando se merquen equipos novos para o resto de hospitais de Galicia, para que a compra saia máis barata. Que clase de tomadura de pelo é esta? No resto de Galicia xa están a renovar os equipos e en Lugo nin sequera o temos? Está de novo a austeridade mal entendida por riba da saúde dos e das lucenses? Xa que nos toman o pelo continuamente, só falta que aforren máis e manden para Lugo os equipos vellos que xa non sirven no resto de provincias.
Desde o PSdeG-PSOE de Lugo esiximos respostas xa, e non imos permitir esta continua discriminación por parte do Goberno de Feijóo.
O PSdeG presentou múltiples iniciativas no Parlamento, nos concellos de Lugo e na Deputación, e seguirá co seu compromiso de apoio aos veciños. Así, estará con eles na recollida de sinaturas para lograr levar unha Iniciativa Lexislativa Popular ao Parlamento galego.
Ademais, o partido acaba de presentar unha enmenda para que os Orzamentos da Xunta recollan partidas específicas para os servizos de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear

















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).