Aviso a navegantes: Asinar informes contrarios ás leis ambientais para favorecer un proxecto, pode levar á cadea
31 de xaneiro de 2013. ADEGA está a exercer a acusación particular no proceso penal contra un funcionario (J.T.M.) acusado pola Fiscalía de “antepoñer os criterios comerciais aos ambientais”, e emitir informes favorábeis á construción dunha piscifactoría en Rinlo (Ribadeo) na RN2000 e sobre hábitats prioritarios. Esta obra, promovida por Ramón Álvarez-Cascos, foi paralizada e denunciada por ADEGA en 2005-6, e finalmente declarada ilegal polo TSXG en 2009, que anulou a DIA e o acordo do Consello da Xunta de Fraga. Tras procesar tamén por prevaricación ao daquela Dir. Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental J.M. Álvarez-Campana, a Fiscalía acusa agora ao funcionario, daquela xefe do servizo de Conservación e Biodiversidade por motivos similares. Dende ADEGA queremos lanzar un aviso a quenes dende a administración, e ignorando a obriga de cumprir as leis que protexen a nosa biodiversidade máis fráxil, avalan cos seus informes proxectos manifestamente incompatíbeis coa conservación destes valores. Prevaricar contra o ambiente non pode quedar impune!
Esta iniciativa da Fiscalía abre de novo a vía penal, logo de ter imputado por prevaricación a J.M. Álvarez-Campana, daquela Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. É a continuación dun longo proceso xudicial iniciado trala denuncia de ADEGA contra as actuacións da Xunta e ACUINOR no caso da piscifatoría de Rinlo (LIC As Catedrais). Até hoxe, os tribunais viñeron dando sistematicamente a razón a ADEGA: primeiro, absolvendo aos nosos activistas dunha denuncia penal por coaccións tras paralizar as obras ilegais da piscifatoría; a continuación, acordando unha decisiva -pois do contrario quedaría desvirtuada a anulación do DIA- paralización cautelar das obras; logo, desestimando a demanda civil interposta por ACUINOR reclamando a ADEGA unha indemnización de 30.000 € e, finalmente, anulando a DIA e as licenzas de obra e actividade do proxecto, así como o proxecto sectorial.
Como consecuencia da actuación chafalleira e ilegal da Xunta, ACUINOR reclamou 7,3 millóns de € á administración en concepto de danos e perxuízos por non poder facer finalmente a piscifatoría. O TSXG ditaminou en 2012 que Álvarez-Cascos tiña dereito a recibir unha indemnización de 689.000€ polos gastos e investimentos efectuados nun proxecto que a Xunta autorizou sendo ilegal. Deste xeito, a falla de respecto pola lei da administración sainos outra volta ben caro a todos os galegos/as.
O caso da piscifatoría de Rinlo exemplifica o desprezo pola legalidade, polo noso patrimonio natural e pola cidadanía que practican algunhas empresas coa colaboración necesaria das administracións: Declaracións ambientais á medida e fraudulentas; licenzas ilegais; sospeitas de corrupción por manexo de información privilexiada, deixación de funcións administrativas, modificacións lexislativas á medida e tramitacións “exprés”; inxustiza social e desprezo pola cidadanía ao permitir a algúns amigos facer o que non podemos o resto dos cidadáns…
Por iso, este xuízo a un dos “técnicos” da administración que asinan informes ambientais a medida, e que segundo a Fiscalía “antepuxo os criterios comerciais aos ambientais” e permitiu que se causara “un perxuízo irreversíbel á integridade do lugar”, pode sentar precedente e mandar unha mensaxe moi clara aos cargos técnicos da administración: Ceder ás presións dos políticos ou empresarios, pode saír moi caro. Por riba están os intereses da cidadanía á que se deben e a salvagarda das leis, incluidas por suposto as ambientais.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



