A Galipedia, a versión galega da Wikipedia, cumpriu 10 anos o 8 de marzo. E, para celebrar esta historia de éxito do colectivo, Ribadeo acollerá o 15 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Xuventude unha actividade que constará dunha parte expositiva de presentación da Galipedia e unha parte práctica (obradoiro de introdución ó seu manexo). Cada un dos apartados terá unha duración aproximada dunha hora, e será levada por Antonio Gregorio, que tamén participou no encontro central de Santiago celebrado o 9 de marzo.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



