Ribadeo 8 de xullo de 2013.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, calificou de “moi satisfactorias” as xuntanzas que o partido popular mantivo cos veciños de dúas parroquias ribadenses para informar sobre a PAC (Política Agraria Común).
Nos lugares de Villamariz e A Devesa, os populares trasladaron aos veciños o acordo entre Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a UE, un acordo que aínda non é formal, pero si moi importante e definitorio de por onde vai ir a nova Política Agraria Común.
“Achegar a administración aos agricultores foi o obxectivo destes encontros”- manifestou López Penabad, quen aclarou aos asistentes que este acordo recolle básicamente aqueles puntos que as CCAA pactaban para a súa defensa co goberno do Estado.
En ámbolos dous lugares ribadenses, López Penabad asegurou que podería adiantarse que efectivamente si que se teñen acadado acordos favorables en Galicia para a mellora do acordo para axudas acopladas (as que se dan en función do número de cabezas de gando e de producción e a mellora no acordo acadado sobre a converxencia interna ou homoxeneización dos pagos directos que propoñía a Comisión Europea e que facía temer pola viabilidade de sectores como o lácteo galego.
Unhas xuntanzas para achegar a Administración aos ribadenses e que contaron con un alto número de asistentes.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



