Cervo, 8 de xullo de 2013-O Concello de Cervo pon en marcha, a través dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, un curso de auxiliar de enfermería en xeriatría que arrincou a semana pasada e que se prolongará ata o 2 de outubro. Unha acción formativa na que participan 15 persoas desempregadas e na que ao longo de 318 horas obterán coñecementos no sector do coidado das persoas maiores, o que facilitará a súa posterior inserción laboral.
Unha formación que combina a capacitación teórica coas prácticas en centros xeriátricos da zona co obxectivo de que o alumnado adquira experiencia neste campo despois de enfrontarse a situacións reais. Este curso pertence ao catálogo de accións formativas dirixido prioritariamente a persoas traballadoras que se atopan sen emprego e que poden estar interesadas en formarse no sector dos servizos sociais e, en concreto, na área profesional dos coidados auxiliares.
En canto aos contidos que se están impartindo, inclúese a organización dos recursos materiais da unidade, a comunicación e atención ao paciente, os coidados básicos en xeriatría así como os coidados terapéuticos de enfermería xeriátrica, a atención especializada ao ancián ou a atención de enfermería ao ancián discapacitado.
Cabe destacar que este curso ten unha forte compoñente práctica, tanto nas aulas, para o que o alumnado dispón de numeroso material, como en empresas, algo “moi importante para facilitar aos asistentes o desenvolvemento das súas capacidades e incrementar a súa efectividade á hora de desempeñar un traballo neste campo” explica a edil de Emprego, Yolanda Pedreira.
A responsable desta área valorou moi positivamente esta iniciativa “posta en marcha pensando no beneficio dos traballadores que se atopan sen emprego de cara a mellorar a súa cualificación e, en consecuencia, aumentar a súa competencia profesional”.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



