Arredor de 200 persoas se deron cita o pasado domingo nos xardíns do Eido Dourado, na praia da Pasada, en Barreiros, para disfrutar da música de En Clave de Fado. O concerto, que se enmarca dentro da programación cultural deste espazo adicado á arte, foi un éxito, en palabras do seu promotor, Celso Dourado. En Clave de Fado interpretou temas coma: Unha casa portuguesa; Lágrima; Adiós ríos, adiós fontes; Chove en Santiago; Quizás, quizás; ou incluso unha versión do coñecido Veneno en la piel de Radio Futura.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



