RIBADEO (FNC) .- O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegou a petición de Telefónica Móviles España de suspender cautelarmente a ordenanza reguladora da taxa para o aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros de interés xeral. Unha norma aprobada en pleno o 27 de xaneiro do ano pasado.
O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “recibimos hai moi poucos días unha comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que denegan a petición de Telefónica de suspensión cautelar da ordenanza municipal que regula o aproveitamento do dominio público local e que as operadoras de telefonía móbil teñen que tributar igual que fan desde hai anos as de telefonía fixa. Toda a filosofía desta ordenanza que nós aprobamos, cun amplo grao de consenso hai un ano aproximadamente, indica que as operadoras de telefonía móbil non soamente utilizan o espacio radioeléctrico senón que tamén empregan o subsolo para facer as chamadas de móbil a fixo, polo tanto era xusto que o Concello lles puidese implantar unha taxa por este concepto”.
Suárez Barcia lembra que “esto partiu da idea de que en Cataluña había varios concellos que xa o aplicaban, quixemos importala e creo que debemos ser o único concello galego en ter implantada esta ordenanza. Desde logo non está gañada a guerra, pero sí é moi importante que teña unha aparencia de bó dereito que o TSXG non vexa motivos cautelares para paralizar esta ordenanza ata que se resolva o contencioso, que cremos que acabaremos ganando porque estamos na posesión total do dereito para poder aplicarlles esta ordenanza”.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



