Xove, 22 de outubro de 2013. A delegada territorial, Raquel Arias, presidiu este martes unha sesión de traballo encamiñada á implantación dos plans de emerxencias para a presa do río Covo e o depósito de lodos vermellos que a empresa Alcoa utiliza nos concellos de Cervo e Xove.
A delegada subliñou que nos últimos meses houbo unha estreita colaboración entre a empresa e os servizos de emerxencia da Xunta, que “durante este tempo ofreceron apoio técnico para a redaccións dos plans de actuación municipais, determinaron os puntos de encontro en caso de evacuación ou informaron a todos os axentes implicados de como actuar en caso de accidente”.
Os plans de emerxencia determinan as accións a adoptar no suposto de que se produza unha emerxencia derivada dunha incidencia no depósito de barros vermellos ou na presa do río Covo e o dique de Collado, que afectarían en caso de rotura aos núcleos de San Cibrao (Cervo) e Xove respectivamente.
A delegada territorial sinalou que “aínda que o risco de que iso se produza é moi reducido, é precisa a implantación e difusión entre a poboación destes plans de emerxencia para minimizar os efectos dun accidente chegado o caso”.
Así, Alcoa instalou nas zonas de afección sirenas de aviso á poboación, que se activarán en caso de rotura das infraestruturas sinaladas. Nos vindeiros días deseñarase a campaña de información aos veciños e veciñas sobre as medidas de autoprotección que deben adoptar no caso de que se active o plan de emerxencia.
Na xuntanza deste participaron tamén os alcaldes de Cervo e Xove, Alfonso Villares e Demetrio Salgueiro, responsables da multinacional, así como representantes dos servizos de Protección Civil e de Prevención e Análise de Riscos, ambos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
Previamente, técnicos de Protección Civil e de Augas de Galicia inspeccionaron as instalacións de río Covo e Xove para comprobar unha vez máis a idoneidade dos plans elaborados.
























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



