Lugo, 7 de xaneiro de 2014. A Rede Museística Provincial, formada polo Museo de Lugo, o Museo-Fortaleza San Paio de Narla, o Museo Provincial do Mar e o Pazo de Tor, recibiu ao longo do ano 2013 arredor de 90.000 visitantes, incrementándose a cifra en preto de 11.000 persoas respecto ao 2012.
Ese crecemento é máis notorio no Museo de Lugo, que pasou de 43.232 visitantes no 2012, a 50.856 no 2013, preto de 7.500 persoas máis. Ségueno San Paio de Narla que incrementou o número de visitas en máis de 2.000, pasando de 14.077 no 2012, a 16.170 no 2013; e o Museo Provincial do Mar, polo que, ao longo do 2013 pasaron 16.159 persoas, mentres que no 2012 so o fixeran 14.719. O Pazo de Tor mantén unha afluencia moi similar ao ano anterior.
Como xa adoita ser tendencia, o número de visitantes creceu nos meses de verán, formando parte desas cifras unha grande porcentaxe de persoas procedentes de fóra de Lugo e de Galiza, incidindo de forma positiva na proliferación do turismo da provincia.
Asemade, o incremento tamén se ve reflectido noutros meses do ano que non coinciden con épocas vacacionais. A este respecto, Mario Outeiro lembrou que “os bos resultados obtidos polos catro museos teñen moito que ver coa incidencia das actividades culturais programadas durante todo o ano e pensadas para todos os públicos e que adoitan ter un gran éxito de participación”.
“A este feito axuda, sen dúbida, a cantidade e calidade das exposicións programadas neste último ano como ‘A Vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo’, a primeira gran mostra realizada en Galiza sobre a produción cerámica de Díaz Pardo, que estará aberta ao público no Museo ata o vindeiro 2 de febreiro; ou a exposición ‘Galiza nun tempo de seu’, que consiste nun pequeno percorrido pola Galiza medieval centrándose en tres momentos que mostran cal foi o desenvolvemento da nosa nación no período baixomedieval, e que estará no Museo de Lugo ata marzo para logo itinerar polos outros museos da Rede” – concluíu o delegado.
























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



