A Asociación Cultural “O CAIADO” celebrou o sábado pasado, un novo acto na residencia de Anciáns de Foz. Esta actuación, na que participou tamén público externo, contou coa inestimable colaboración da Fundación Alcoa. Nesta ocasión tocoulle quenda a Asociación Folclórica A SUBELA que fixo unha magnífica actuación de preto dunha hora, co seu grupo de gaitas, baile e pandereteiras de música tradicional galega. “O CAIADO” xa conta na súa axenda para o día 22 do mes de febreiro, coa esperada actuación do grupo de habaneras “Mar aberto”, que como preludio ó entroido, os componetes deste grupo musical irán difrazados ó igual que os propios residentes e coidadoras do Asilo, membros de “O CAIADO” e público en xeral.
A Subela na residencia de anciáns de Foz
A Subela na residencia de anciáns de Foz
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada