O próximo venres, 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de Burela terá lugar a inauguración da Exposición “Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia”, promovida polo Consello da Cultura Galega.
A iniciativa de traer esta mostra a Burela partiu da Asociación Cultural “Os Matos”, con motivo de celebrar este mes de febreiro os 20 anos da súa creación. O I.E.S. Perdouro, que neste curso escolar conmemora o XXXV Aniversario, apoiou a idea, e o Concello de Burela presta a súa colaboración nesta Exposición, onde se fai referencia á antiga escola da vila.
A Exposición “Luces de Alén Mar – As escolas de americanos en Galicia”, que estará aberta durante o mes de febreiro, consta de 41 paneis con información e fotografías sobre a vida das escolas promovidas polos emigrantes galegos en América. Está dividida en 15 apartados: 1) Os piares humanos do éxodo (con imaxes de emigrantes embarcados rumbo á América); 2) Pioneiros: a filantropía docente dos indianos galegos (facendo referencia a persoas vinculadas á Mariña de Lugo: Pedro Murias, Manuel Candia López, Manuel Seara Martínez…); 3) Asociacionismo e intrución en destino: do prealbar á actualidade; 4) Cos ollos na Terra. O compromiso colectivo nacente. Panorama do ensino en Galicia; 5) Xénese e floración das sociedades microterritoriais; 6) Semente educativa para tempos novos; 7) As raiolas alumean a aldea; 8) Templos de saber (mencionando escolas da nosa comarca); 9) Enxoval, programas e textos; 10) O día a día nas clases; 11) Algo máis que centros escolares; 12) Voces e reaccións coetáneas; 13) Polo ben público e do Estado; 14) Actualidades e porvires; 15) Final sen fin: as derivas dun patrimonio comunitario.
Como complemento aos paneis informativos tamén se poderá ver enxoval relacionado coas escolas dos anos 1920-1950, cedido polo MUPEGA (pupitres, tinteiros, mapas, libros…)
Temos que agradecer a colaboración das persoas e institucións que colaboran coa mostra e, dun xeito especial, ao alumnado e profesorado do I.E.S. Perdouro que cede material escolar utilizado polos nosos avós na súa etapa escolar (pizarra individual, libros, revistas da emigración…), así como novas de prensa relacionadas con escolas da Mariña.
O Programa Oficial da inauguración recolle a recepción de autoridades na Casa do Concello ás 12.45 horas e inauguración da mostra, a partir das 13.00 horas, coas palabras do alcalde de Burela, un representante do Consello da Cultura Galega, o comisario da exposición e o director do IES Perdouro.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



