A Mariña, 14 de febreiro de 2014. O Colectivo de Emigrantes Retornados das Mariña concentráronse este ventes diante da delegación da Axencia Tributaria en Foz, simultaneamente a outros colectivos de emigrantes estafados por Facenda, no conxunto das comarcas de Galiza. Os e as emigrantes retornados aproveitaron para presentar escritos de queixa que rexistraron nestas oficinas para reclamar un trato xusto e equitativo, facendo valer diversas sentenza xudiciais favorábeis ás demandas das e dos afectados ou mesmo resolucións da propia axencia tributaria en Galiza, que eximen do pago de intereses e sancións e que non están tendo repercusión nun cambio na actuación da Facenda do Estado co resto de contribuíntes. O Colectivo de emigrantes non deixou escapara a ocasión para advertirlle ao Partido Popular que esta actitude – tendo en conta que é o partido que sustenta o goberno que nos persigue – que non conte co apoio dos colectivos de emigrantes, “non estamos en disposición de apoiar cos nosos votos a quen nos persegue e nos trata como delincuentes”.
CONCENTRACIÓNS SIMULTÁNEAS EN TODAS AS CIDADES E COMARCAS
Emigrantes retornados da Mariña, ao igual que o fixeron outros colectivos irmaos integrados na Plataforma Nacional Galega de Emigrantes Retornados, concentráronse hoxe diante da Delegación da Axencia Tributaria en Foz para denunciar unha vez mais a persecución e o trato inxusto da Axencia Tributaria Española que continúa, a pesar da promesas de revisar os procedementos, remitindo cartas con sancións e intereses ás persoas afectadas.
Os e as emigrantes volveron reclamar a modificación da lei 35/2006 sobre o imposto das persoas físicas para evitar as inxustas diferenzas entre un ou varios pagadores e o cese da presión sobre o emigrantes coa aplicación de sancións e intereses. Neste sentido lembraron que o cambio normativo “non só afecta a pensionistas, tamén ás persoas en activo que puideran ter traballado durante un período de meses ao ano e despois perciban a prestación por desemprego polo que de chegar a ingresos anuais de 11.200 euros deberían tributar, cousa que non sucede na circunstancia dun solo pagador no que a cifra mínima fíxase en 22.000 euros anuais”.
QUE NON ESPERE CONTAR CO NOSO APOIO QUEN NOS TRATA COMO DELINCUENTES
As e os emigrantes asistentes á concentración rexistraron escritos de queixa nas oficinas de Facenda facendo valer varias sentenzas xudiciais e resolucións da propia Axencia Tributaria eximindo do pago de intereses e sancións que non se ven reflectidas nun cambio na actitude persecutoria cos colectivos de retornados. “Montoro e a Axencia Tributaria trátanos como delincuentes, cando fomos enganados e mal informados pola propia facenda estatal”, nesta liña insistiron en que “non se van render porque o Ministro de Facenda e o partido que o apoia veñan a por nós porque somos presa fácil para facer caixa, ao tempo que premian aos delincuentes fiscais con amnistías”.
No mesmo sentido argumental lanzaron unha mensaxe moi clara ao Partido Popular no sentido de que “somos milleiros de galegas e galego que tivemos que marchar ao estranxeiro, igual que o teñen que facer agora os nosos fillos e netos e que teñan claro non van contar co noso apoio nin cos noso votos quen nos trata a paus, non merece a nosa confianza”.

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



