As monitoras de Gaia estarán de 10.00 a 13.00 horas deste venres 4 de abril á entrada do centro de saúde de Burela cunha mesa informativa sobre a campaña Gotas para Níger, que organiza Unicef. Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “a súa finalidade é recadar diñeiro para que os nenos e nenas de Níger teñan os mesmos dereitos que outros nenos de zonas do mundo máis favorecidas, sobre todo o dereito a ir á escola, algo para o que é necesario ter auga potable e letrinas nos colexios”. O 11 de abril celebrarase unah carreira solidaria con saída ás 12 do mediodía desde a explanada da escola infantil. Todos os participantes poderán colaborar con Unicef comprando un dorsal. O seu valor será de 1 euro. Todo o recadado en Burela será destinado a esta labor solidaria.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



