Ribadeo, 22 de xullo de 2014.- A axenda e horarios para este mércores 23 eno Festival Jazz & Blues de Ribadeo quedan deste xeito:
MÉRCORES 23 XULLO
10.00-14.00 / 17.00-21.00 Exposición fotográfica de Esther Cidoncha. Sala de exposicións.
20.30 Mesa redonda: Presente e futuro do jazz en Galicia. Con: Xacobe Martínez Antelo (músico e presidente da Asociación de Músicos de Galicia), Juan Paz (brand manager de Estrella de Galicia), Juan Torreiro (periodista de La Voz de Galicia especializado en Jazz e responsable do blog de Jazz Dulce y Canalla) y Narsés Mira (promotor e produtor de jazz). Modera: Santiago Jaureguizar, escritor e periodista de El Progreso. Cine Teatro
HORARIOS DEFINITIVOS CONCIERTOS
XOVES 24
21.00 Alfredo García Quartet
22.45 Alexandra in Grey
24.30 Hiromi: The Trio Project, featuring Anthony Jackson & Simon Phillips
VENRES 25
21.00 Carmen Rey
22.45 Bazil Meade featuring Annette Bowen
24.30 Joanne Shaw Taylor
SÁBADO 26
21.00 Víctor Aneiros Acoustic Band
22.45 Cosmosoul
24.30 Nicholas Payton Trio
DOMINGO 27
21.00 Sumrrá
22.45 La Vella Dixieland
24.30 Eric Sardinas & Big Motor


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



