Ribadeo, 18 de agosto de 2014. Máis de 150.000 persoas pasaron pola praia das Catedrais nos primeiros 17 días do mes de agosto. Un dos récords bateuse o pasado día 13 cando arredor de 14.000 persoas visitaron o areal. Ademais ata os puntos de información turística de Ribadeo achegáronse no que vai de mes preto de 25.000 persoas en busca de información sobre a vila e sobre toda esta zona. Segundo o alcalde, Fernando Suárez, “trátase dunha cifra moi importante e que vai en ascenso porque en agosto do ano pasado foron 29.000 persoas as que demandaron datos de interese turístico”.
O rexedor sinalou que “Ribadeo está de moda, Ribadeo segue sendo, e cada vez máis, un destino turístico atractivo para moita xente, que cada vez en maior número ven visitarnos, ven ver o areal máis emblemático das Catedrais, o casco vello, a gastronomía, o comercio, as rúas peonís… en definitiva quere estar aquí, fala ben de nós e iso é unha responsabilidade moi grande tanto para o Concello como para a hostalería”.
Suárez Barcia manifestou que “digo todo isto obxectivamente tendo en conta as cifras que nos pasan as informadoras turísticas tanto do punto de información das Catedrais como da oficina de turismo de Ribadeo. E podemos dicir que nesta primeira quincena de agosto pediron información turística unhas 24.600 persoas, que se temos en conta que no mes de agosto do pasado ano 2013, que foi moi bo, en total recibiron información 29.600 persoas, podemos dicir que nesta primeira quincena de agosto de 2014 estamos a acadar cifras similares ás de todo o mes de agosto de 2013; polo menos cifras de xente que ven pedir información turística, máis aló de se esa xente come máis ou menos, compra máis ou menos, pero en todo caso é unha evidencia que moita xente está vindo a Ribadeo”.
O alcalde indicou que “na oficina de turismo da vila temos unha media diaria de atención de máis de 500 persoas. Tivemos un récord o pasado día 12 con 617. E no punto de información turística da praia das Catedrais a media de atención diaria é de 1.153 persoas nesta última semana cun pico o día 13 de 1.544 persoas. Esta é a xente que pide información turística porque se nos referimos á xente que visita a praia nun cómputo que fixemos estes días para contabilizar durante todo o día as persoas que alí acudiron nun período intermareal, cando o mar permite que a xente poida baixar alí, o mércores 13 entraron unhas 14.000 persoas neste areal”. Nos 10 primeiros días de agosto pasaron polas Catedrais 75.500 persoas e a semana pasada 78.000. En total 153.000 visitantes acudiron ata onte a ver in situ este areal.
Para Fernando Suárez “son cifras importantes, no caso das Catedrais son cifras que convidan á reflexión dunha vez por todas para que sigamos sendo atractivos, pero que non acabe a xente non vindo porque estean masificadas. E no que ten que ver coa vila de Ribadeo e con outros lugares de inmensa beleza tamén é unha garantía para nós e un reto para seguir facendo as cousas como se fan: con erros moitas veces ou non estando a todo como un ten que estar, pero sempre coa maior ilusión e intención por parte de todo o goberno municipal de Ribadeo por intentar que as cousas vaian ben, que se rehabilite o casco vello como se está a facer, que todos os elementos turísticos estean a pleno rendemento e logo tamén con este sector servizos tan importante que temos en Ribadeo e que tan ben o fai para que sigamos estando sempre nos primeiros postos dos ránkings de hoteis, de pobos con encanto ou de praias, tanto dende o punto de vista estatal como internacional”.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



