
O domingo 14 os compoñentes do “Klan das Kavras”, celebraron o remate das actividades do ano castrexo 2014 cunha cuchipanda no caseto do líder do clan, Jose Antonio. Non faltou ningún dos compoñentes, un total de 33, e a reunión serviu para facer un repaso da participación deste ano e ir fixando obxectivos para o 2015. Ademais, despois do café, celebrouse o segundo Open Mundial de Tirachinas no que participaron un total de 25 tiradores repetindo como gañador Jose Antonio Armesto. Amando Dovale alcanzou a segunda posición, Ana obtivo o premio consolación e o diploma ó participante máis novo foi parar a mans de Manuel Rubiños. A pesar da espectacular tormenta que sacudiu Burela na tarde do domingo, a celebración transcurriu sen incidentes destacables; xa que o caseto conta coa tecnoloxía máis avanzada en canto a evacuación de chuvias, vivindo un inesquecible día de camaradería e bo rollo.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



