Lugo, 5 de novembro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, vén de denunciar as palabras do portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, que este mércores no Parlamento, no transcurso do debate sobre os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, amosouse claramente molesto coa alta inversión da Xunta nas infraestruturas lucenses, en vez de ter apostado polo corredor do Morrazo
“Meten gran cantidade de recursos, por exemplo, nos chama a atención, no corredor Sarria-Nadela, 19 millóns de euros para executar no ano 2015” –dixo Bugallo, á vez que preguntaba literalmente- “¿cal vai a ser a intensidade diaria media de vehículos que circulan por esa vía comparada coas do Morrazo? ¿Hai máis ou menos?”
PARA O PSOE INVESTIR EN LUGO NON É UNHA PRIORIDADE
O secretario provincial dos populares lucenses cualifican estas afirmacións de Bugallo de profundamente erradas e lamentan que para o PSOE, a diferenza da Xunta, non sexa unha prioridade investir nos grandes proxectos de comunicación por estrada na provincia de Lugo.
Balseiro considera que as palabras de Bugallo demostran certa inquira e envexa pola alta inversión da Xunta en Lugo que, por decisión do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo será, un ano máis en 2015, a provincia galega que máis investimento por habitante.
Á súa vez, o dirixente popular di que estas afirmacións de Bugallo deixan en moi mal lugar aos socialistas lucenses que, aquí din defender que se incremente a inversión en estradas, mentres que en Santiago, amósanse molestos e sorprendidos pola gran cantidade de recursos que os orzamentos da Xunta destinan para as infraestruturas viarias lucenses.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



