Foz, 12 de novembro de 2014. O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da Xuventude e no Centro Social de Foz.
Entre as actividades formativas ofertadas, en San Acisclo haberá un curso de cestería os martes ás 4 da tarde e outro de bordado os mércores, con horario aínda por determinar. En San Martiño ofertaranse dous cursos: un de pilates os luns e mércores ás 20:00 horas e outro de cestería os xoves no mesmo horario. En Vilaronte terá lugar un curso de Internet (Nivel 2) os luns a partir das 20:30 horas e outro de frivolité e bordado con datas e horario pendente de publicación. En Cordido tamén haberá un curso de bordado, que se levará a cabo os venres a partir das 16:00 horas. En Cangas haberá dous cursos: un de pintura os martes a partir das 16:00 horas e outro de costura aínda sen data fixada. Nois contará cun curso de bordado os luns e martes ás 16:30 horas e outro de bolillos os mércores ás 17:30 horas. Fazouro terá un curso de bordado os luns a partir das 16:00 horas e outro de ximnasia os xoves ás 19:00 horas.
Foz contará con catro cursos. O primeiro estará dedicado ao pilates e levarase a cabo no Centro Social en dúas quendas: os luns e mércores en horario de 16:30 horas en adiante e os martes e xoves a partir das 19:00 horas. O segundo consistirá en clases de zumba que se levarán a cabo no Centro Social os luns e mércores a partir das 16:30 horas. O terceiro versará sobre ballet e impartirase na Sala Bahía os martes a partir das 19:30. E o derradeiro curso ofertado polo Concello estará dedicado aos bolillos e levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz os mércores a partir das 15:30 horas.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



