Un ano máis, e van xa 14 edicións, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA) durante om pasado ano.
En 2009 instituiuse o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira edición recibíu D. Isaac Díaz-Pardo.
Premios Osíxeno 2014 ás mellores actuacións ambientais do ano
-Premio OSÍXENO 2014, categoría individual: Xosé Luis Rodríguez Domínguez, presidente de ASOAR-ARMEGA (Asociación de armadores de artes menores de Galiza) polo seu incansábel traballo en defensa das nosas costas e da pesca sustentábel.
-Premio OSÍXENO 2014 categoría colectivo: Plataforma Sarriana polo Río (Sarria), polo seu compromiso en defensa do bosque de ribeira e do patrimonio de Sarria fronte ao desleixo das institucións.
-Premio OSÍXENO de honra 2013: Xosé Manuel Penas Patiño, membro histórico da SGHN e fundador da SGO, pola súa traxectoria de compromiso coa divulgación e a defensa da natureza.
Premios Dioxina 2014 ás acccións máis nefastas para o ambiente
-Premio DIOXINA 2013 categoría individual: Luis Lamas Novo, Presidende de SOGAMA, pola súa teima na defensa do modelo antiecolóxico, ruinoso e caduco para xestión dos residuos sólidos urbanos que é SOGAMA.
-Premio DIOXINA 2013 categoría colectivo: Equipa directiva da D. X. de Patrimonio da Xunta de Galiza polo seu desleixo, abandono e mesmo actuacións agresivas para co noso patrimonio histórico e arqueolóxico: Cova de Eirós, Castelo de Monterrei, castros da Mariña…
Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 17 de xaneiro a partires das 14:30h na Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela).







Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



