Lugo, a 14 de xaneiro de 2015.- ADEGA entregou este mércores os premios da IV Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, que se enmarca na campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do territorio “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. A entrega dos galardóns tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo coa presenza dos distintos membros dos xurados, membros da organización ecoloxista ADEGA e do delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, departamento que desde o seu comezo apoiou este proxecto.
É xa o cuarto ano consecutivo que ADEGA convoca estes concursos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta IV edición dos Concursos de fotografías e de relatos e III Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 83 fotografías de 32 participantes, 47 relatos de 45 participantes e 12 curtametraxes de 10 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, A Estrada, Sober, Ferrol, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán…
A continuación indicamos cales foron as persoas galardoadas e finalistas de 2014. Para consultar as obras premiadas, só haberá que premer sobre os seus títulos.
IV CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO
CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador: “Sobrevivir” de Iván Álvarez Merayo. Quiroga. (200 Euros e Diploma).
-Finalistas:
•“Salvemos o sistema dunar” de Miguel Anjo González García. Miño. (Diploma).
•“Ladrillo e mar” de Jesús María López Cordeiro. Madrid. (Diploma).
•“Arder” de Carlos Beiró. Dodro (A Coruña). (Diploma).
•“Recunchos máxicos” de Sonia Castro Alonso. Santiago. (Diploma).
•“Solpor na praia” de María del Cármen Iglesias Vilar. Valdoviño. (Diploma).
CATEGORÍA XUVENIL:
Gañador: “Involution of evolution” de Jorge Moral Vidal. O Barco. (150 Euros e Diploma).
Finalistas:
•“Reciclando o botellón” de Paulo Miguel Mouriño Pereiro. Viveiro. (Diploma).
•“Ata o infinito e máis aló” de Gemma Muíña Bermúdez. Mondoñedo. (Diploma).
•“De cen a mil” de Gemma Muíña Bermúdez. Mondoñedo. (Diploma).
•“A alta velocidade engulle a nosa paisaxe” de Noelia Villaverde Rodríguez. A Estrada.(Diploma).
IV CONCURSO DE RELATOS O LUGAR ONDE VIVO
CATEGORÍA ADULTA:
Gañador: “Tempos verbais, tempos mortos” de María Teresa Iglesias Yugat. Santiago. (250 Euros e Diploma).
Finalistas:
•“A meta” de Tomás González Ahola. Santiago. (Diploma).
•“Os ollos do lobo” de Pedro Rielo Lamela. Pontevedra. (Diploma).
•“Cheiro a peixe” de Xerardo Vidal. Lugo. (Diploma).
•“Historia do mundo” de Lourdes Abuide Valcarce. Lugo. (Diploma).
•“Torcendo o onte” de María Nión Cancela. A Coruña. (Diploma).
CATEGORÍA XUVENIL:
Gañador: “Sempre túa” de Lucía Tilve García. A Estrada. (200 Euros e Diploma).
Finalistas:
•“A viaxe” de Patricia Riveira. A Estrada. (Diploma).
•“O bosque secreto” de María Rozados Balboa. A Estrada. (Diploma).
•“O vermiño e as castañas” de Yago López Vinseiro. A Estrada. (Diploma).
•“Limpando o camiño” de Andrea Doce Méndez. Santiago. (Diploma).
•“O lixo” de Óscar Ortigueira Cao. Lousame. (Diploma).
•“A velas vir” de Gemma Muíña Bermúdez. Mondoñedo. (Diploma).
III CONCURSO CURTAMETRAXE E TI QUE É O QUE VES?
CATEGORÍA ÚNICA:
1º Premio: “Unha do montón” de José Marcelino Saavedra Martínez. Ferrol. (250 Euros e Diploma).
2º Premio: “Uña de gato” de Estela Suarez Recouso. (150 Euros e Diploma).
Finalistas:
•“Anllares, un ecosistema en perigo” de María Redonda Bujeiro. (Diploma).
•“A Costa Nostra” de Marisa Otero. Vedra (A Coruña). (Diploma).




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



