COMUNICADO:
Un dos retos colectivos máis urxentes que temos na provincia de Lugo é o despoboamento do territorio e o crecente envellecemento poboacional. Segundo os datos oficiais de Eurostat, Oficina de Estatística da Comisión Europea, Lugo é a novena provincia con maior porcentaxe de maiores de 65 anos de Europa, e a terceira provincia española en envellecemento poboacional. Estudos como o Mapa Galego de EquipamientosSociales, elaborado pola propia Xunta de Galicia, indican que Lugo precisa de, polo menos, 1.228 prazas residenciais e 1.040 prazas de centro de día, que lle permitan alcanzar os ratios mínimos de cobertura asistencial.
O despoboamento é un problema transversal daprovincia, que non só incide no abandono do territorio, senón que é orixe de problemas derivados, que van dende a falta de competitividade económica ata a mingua de servizos sociais. O binomio de redución de poboación e servizos públicos opera como un círculo vicioso,no que a menor poboación, máis custosoresulta cubrir os servizos para as administracións; e a menores servizos, menor fixación da poboación.
En termos de sostibilidade, a despoboación tamén é un problema incitante, xa que o colectivo de maiores de 65 anos é o que demanda unha maior cantidade de recursos públicos pola súa especial atención. Ademais, no actual contexto de crise económica e de emprego, segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego, o ratio de cotizantes por pensionista baixou ata 2,25 veces, o nivel máis baixo dende finais do ano 2000.
Ante esta realidade, a Deputación de Lugo apostou pola creación dunha rede de residencias públicas e de centros de día, que asegure a garantía asistencial das persoas maiores e que, ademais, axude a favorecer a conciliación da vida persoal e laboral.
A decisión da Deputación de Lugo de custear en solitario os quince millóns de euros necesarios para a súa execución, teñen como obxectivo paliar a carencia constatada de servizos sociais por parte da Xunta de Galicia. Ademais, cabe destacar que o investimento desenvolvido pola Deputación favorecerá o desenvolvemento económico dos concellos onde se sitúen as residencias e que creará máis de 140 empregos directos.
Non obstante, é un obxectivo prioritario para a Deputación de Lugo que a rede de residencias conte con criterios de acceso universal, abaratando ao máximo o custo da praza para facilitar o acceso das persoas con rendas máis reducidas. Para que sexa posible e factible ao cento por cento é imprescindible a colaboración da Xunta de Galicia, tendo en conta que é a Administración Autonómica a competente para levar a cabo a concertación de prazas. Neste senso, cómpre sinalar que o artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia establece que será a Comunidade Autónoma Galega a que ostente, de modo exclusivo, as competencias en materia de asistencia social, polo tanto dos servizos sociais de Galicia.
Así pois, apreciamos de obrigado cumprimento por parte da Xunta de Galicia facer efectivas as competencias propias, que non son outras que as de promocionar a autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e, por ende, a financiación do custo do sistema de participación dos seus usuarios. Competencias que a Xunta incumpre reiteradamente, negándose a concertar prazas na Rede de Residencias de maiores, que están a piques de abrir, como son as de Castroverde e A Fonsagrada.
Por todo o exposto, e ante a falta de compromiso da Xunta de Galicia cos lucenses, aos que nega o acceso ás residencias da terceira idade e centros de día por mero partidismo e electoralismo, o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo somete a pleno o seguinte.
ACORDO
Demandar á Xunta de Galicia a sinatura dun convenio coa Deputación de Lugo para concertar prazas na rede provincial de residencias creadas, co obxecto de democratizar e economizar o acceso á asistencia.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



