Os membros da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) denuncian a desidia da Xunta para coa defensa do uso do galego no eido da comunicación ante a pasividade das administracións públicas. Son varias as situacións nas que a entidade, que defende, ante todo, o uso do noso idioma nos medios de comunicación, viuse atacada polas decisións da Xunta de Galicia.
O goberno de Núñez Feijóo obvia o artigo 5 do Estatuto de Autonomía que recolle que “os poderes públicos de Galicia garantizarán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán a utilización do galego en todos as ordes da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”. Esta Xunta está máis interesada en favorecer os intereses dos grandes grupos mediáticos que de defender os medios en galego, a pesar de que os medios tradicionais están sufrindo unha grave crise con despidos masivos e unha gran perda de audiencia.
No pasado 2014, os medios que utilizan o castelán levaron 9 veces máis axudas na orde de axudas institucionas que os medios que usan o galego. A Xunta destinou 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que repartíu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en galego por utilizar esta lingua. Unhas axudas en galego da que tamén se benefiaron os grandes grupos de comunicación con centos de miles de euros por utilizar, tan só, o 6% do galego en todo o medio.
Precisamente, a finais do pasado mes de xaneiro, a Secretaría Xeral de Medios facía públicas unhas novas bases da convocatoria de Axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=PR&codProc=858A&procedemento=PR858A). Unhas axudas das que volven quedar exentos os diarios dixitais a pesar das boas palabras que tivo a secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez Sierra, cos representantes da AMEGA. Por outra banda, esta convocatoria vén sufrindo recortes constantes nos últimos anos, con reducións da dotación orzamentaria sospeitosamente similares en contía ás axudas que percibían medios xa desaparecidos.
Unhas axudas das que, ademais, algunhas publicacións están excluídas por cuestións normativas, como é o caso do Novas da Galiza, que comunica en galego reintegracionista. É idea da AMEGA que ningún medio de comunicación quede excluído a competir en axudas públicas pola normativa que decida utilizar. Nese sentido, facemos nosas as propias palabras do Presidente da Xunta en varios actos institucionais e entrevistas nas que aseguraba que o galego nos permite comunicarnos con 250 millóns de persoas, facendo clara referencia á relación íntima da lusofonía e a lingua galega.
Por outra banda, os convenios para a promoción da lingua galega acaban recaendo sempre nas mesmas grandes editoriais, con certas dúbidas sobre a súa legalide, pois algunhas das publicacións subvencionadas non cumpren os requisitos mínimos, tan ridículos como contar cun 6% da información en lingua galega.
Outro dos puntos que chama a atención é a exclusión dos medios de comunicación en galego das constantes campañas publicitarias institucionais. Campañas polas que a Xunta inxecta aos grandes grupos millonarias cantidades de diñeiro en conceptos variopintos de publicidade e propaganda. Por iso, a AMEGA levou ao Parlamento Galego unha Proposición de Lei de Publicidade Institucional. No texto que propoñemos para esta Lei -que contou co apoio do PSdeG, BNG e AGE (apoiarona os tres), recóllese precisamente a prohibición dos convenios pola súa evidente arbitrariedade e a reserva dunha parte do orzamento das campañas publicitarias para medios en galego.
Por todo isto, esiximos a necesaria transparencia no reparto de axudas aos medios de comunicación, así como as campañas publicitarias institucionais. Tamén reclamamos que as axudas á promoción do galego recalen, na súa medida, nos medios que facemos do galego a nosa identidade.
A Asociación de Medios en Galego, que segue en proceso de crecemento, a día de hoxe, chega a uns 300.000 galegos a través dos seguintes medios: A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Crónica 3 – xornal dixital da Mariña Lucense, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza Pública, Quepasanacosta.com – xornal dixital da Costa da Morte, Radiofusión – rede de emisoras municipais galegas, Sermos Galiza, Tempos Novos, Terra Cha Xa e Valminor.info.








Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



