Foz, 18 de febreiro de 2015.- Os Concelleiros Independentes de Foz votarán a favor da modificación orzamentaria que será levada ó vindeiro pleno para poder financiar un novo plan de emprego. Este novo plan de emprego foi unha das condicións que este grupo de concelleiros propuxo para que saíran adiante os orzamentos coa nosa abstención, xa que non se recollían tódalas nosas propostas.
A modificación orzamentaria consistirá en redestinar 220.000,00€ repartidos da seguinte forma:
140.000,00 € irán destinados a emprego directo: donde se inclúe, a proposta deste grupo unha praza de oficial mecánico, unha praza para persoal discapacitado e outra praza para persoal titulado.A maiores tamén terá cabida un oficial 1ª de Obra, dous peóns de Obra, dous Peóns medioambientais, un administrativo e dous barrendeiros, todos eles con unha contratación de 6 meses. Ademais este plan contempla a contratación durante 3 meses de 4 socorristas e 2 empregados do fogar durante 9 meses.
60.000,00 € destinados as Empresas para axudas á contratación, facilitando con ata 2.300,00€ a formalización de contratos indefinidos e con ata 1.500,00€ se estes son temporais.
20.000,00 € destinados a inversións, dos cales este grupo esixe que 10.000,00 € se comprometan para o traslado das instalacións da Protectora de Animais para o terreo que o Concello ten no Polígono Industrial de Fazouro.
Queremos ademais engadir que somos conscientes de que este plan só é unha pequena axuda para paliar o grave problema de paro que estamos a sufrir no noso concello, pero que é un paso hacia adiante dun camiño que este grupo de concelleiros está disposto a recorrer para tratar de minimizar a alta taxa de desempregados no Concello de Foz. Por isto sempre estaremos de acordo con calquera iniciativa que vaia nesa dirección.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.