Santiago, 24 de febreiro de 2015.- O Grupo Popular defendeu este mércores no Pleno do Parlamento de Galicia que xa é posible pescar sardiña na zona CIEM VIIIB e lamentou que o PSOE descoñeza que esta área non está incluída no Plan de xestión da sardiña ibérica polo simple feito de que pertence a un stock diferente. Así o asegurou o voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, no transcurso do debate dunha moción plenaria na que os socialistas defendían unificar todas as zonas de pesca, baixo o paraugas dun único plan de xestión, algo que complicaría a negociación coa irrupción de Francia na mesa de negociación.
Balseiro tamén aclarou que o Goberno central non aprobou o actual plan de xestión da sardiña ibérica “porque un día se levantasen con ganas de facer normas”. Neste sentido, explicou que “decide aprobalo, primeiro, obrigado pola mala situación biolóxica deste recurso (certificada por informes científicos) e para procurar a súa recuperación; en segundo lugar, para evitar que sexa Europa quen impoña unilateralmente un TAC, o que suporía un recorte moi agresivo das posibilidades de pesca da sardiña, con reducións que poden chegar ata o 20 por cento; e, finalmente, esta medida freou a Portugal que pretendía autoasignarse o 70 por cento da cota”.
CONSELLO GALEGO DE PESCA
Os populares galegos continúan defendendo que a proposta de referencia de Galicia para modificar o actual plan de xestión da sardiña é a aprobada pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, que xa foi consensuada con boa parte das comunidades autónomas do Cantábrico e con Andalucía e que despois debe ser negociada con Portugal e a Comisión Europea.
“O que nos sorprende é que vostedes agora defendan estas propostas tras votar en contra delas fai tres meses. Cando as trouxemos a este Parlamento e PSOE, BNG e AGE votaron na súa contra. Hoxe piden o que antes rexeitaban”, dixo Balseiro.
SANCIÓNS POR SOBREPESCA
Por último, Balseiro lembrou que o principal problema que hoxe ten o cerco é a obrigación de soportar as sancións por sobrepesca derivadas da falta de xestión e control dos anos de goberno socialista, que anualidade tras anualidade implica que nos detraen cota. “Irresponsabilidade da que son os socialistas os únicos responsables pero que pagan os profesionais do mar”.
Con todo, Jose Manuel Balseiro, salientou que a contía global das cotas das principais especies do cerco (o xurelo, a xarda e a anchoa) aumentan nun 52%, ao pasar dos 65.000 toneladas en 2009 ás 99.000 toneladas de 2015 e se pregunta “se hoxe critican este aumento que terían que dicir PSOE, BNG e AGE cando estas cotas eran moito inferiores, gobernando o bipartito”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



