Mondoñedo, 15 de abril de 2015.- O venres, 17 de abril, ás 20:30 horas, no CENTRO COMARCAL de Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, edición de Antonio Reigosa.
No acto, organizado polo Concello de Mondoñedo e Xerais, participarán Orlando González Cruz, alcalde Mondoñedo, Francisco Piñeiro e Fran Bouso, colaboradores da publicación, Lois Pérez, narrador oral, e Antonio Reigosa.